VICTOR COYOTE
E o sábado Víctor Coyote que comezou a súa carreira musical no ano 1981 coincidindo coa movida madrileña. Musicalmente, o punto de partida do seu grupo, Los Coyotes, era o rockabilly aínda que Víctor logo se deixou levar por outras influencias: new wave, rumba, funky... Daqueles finais dos oitenta son discos seus tan inclasificables como: De color de rosa ou Las calientes noches del barrio. Por aquelas datas Víctor Coyote viuse transformado nun sex-symbol irónico (cara a el mesmo) que ofrecía unha mirada distinta do rollo hispano. Paralelamente Víctor Coyote desenvolveu unha carreira de deseñador e de pintor. Onde tamén se amosa moi versátil. No ano 1995 edita un disco titulado Lo bueno, dentro, un traballo cheo de sons e ritmos brasileiros. Posteriormente, en Lucha de migajas, déixase seducir polas vangardas electrónicas. Xa máis recentemente publica ¿A que viene ahora silbar? Onde mestura distintas melodías e se observan múltiples influencias musicais distintas. Xa no ano 2006 publica un libro (Cruce de perras y otros relatos de los 80) onde ofrece a súa testemuña sobre a movida e os anos 80. Un ano máis tarde presenta no Festival Play-Doc de Tui e no Festival de Cans do Porriño, dous documentais (Traballadores do contrabando e Só concertinas). O seu último traballo discográfico, Dos años luz y cuarto supón un paso máis na sorprendente evolución musical de Víctor Coyote.
www.myspace.com/victorcoyote
Será o sábado 5 de Xuño as 23h30 horas. Os prezos 7 euros normal, 6 anticipada e 3,5 para socios.

Sem comentários:
Enviar um comentário