STEREOTIPOS
Este venres Stereotipos. Acaban de publicar o seu segundo álbum chamado 200 buitres. No ano 2008 percorreron media España acompañando a Iván Ferreiro e presentando, de paso, o seu primeiro traballo discográfico. Ademais Stereotipos forma parte, coa súa versión de Cry baby cry, do disco homenaxe a The Beatles (no que participan artistas como Andrés Calamaro, Miguel Ríos, Vetusta Morla...) que se publicará en setembro do 2010 a beneficio da ONG Médicos Sin Fronteras. Trátase dun dos grupos galegos de referencia dentro do pop máis contemporáneo, e o seu primeiro traballo, que levaba por título Stereotipos contou con colaboracións tan ilustres como a de Quique González. 200 buitres é un traballo sincero, de artesán; un disco con conciencia de tal. Hai honestidade nas súas melodías e nas súas letras. 200 buitres é un álbum de 10 cancións. Temas de rock-pop con herencia cantautoril americana; tamén outros que, cando repousa o ritmo, gañan en presencia e se fan maiores. Stereotipos dan un paso cara adiante co seu segundo disco explotando a súa veta persoal (ou case íntima) con valentía.
http://www.stereotipos.net/
www.myspace.com/stereotiposband
http://www.stereotipos.net/
www.myspace.com/stereotiposband
www.facebook.com/stereotipos
www.twitter.com/stereotipos
Será o venres 4 de Xuño as 23h30 horas. Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2,5 para socios.
www.twitter.com/stereotipos
Será o venres 4 de Xuño as 23h30 horas. Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2,5 para socios.
Sem comentários:
Enviar um comentário