Benquerid@samig@s:
Parece que xa desapareceramos pero so foi o descanso do veran e eiqui estamos outra vez para presentarvos unha nova programacion que comeza o sabado 17 de Outubro e remata o 12 de Decembro data na que nos despediremos deica o ano co regreso ao Liceum de Rober Bodegas que volta con novas historias. Como sempre teremos moita variedade pop, rock, blues, electronica, folk, mestizaxe, rumbas de todo tipo, boleros, musicas balcanicas, cancion de autor, contacontos... Antes de que sigades lendo gustariame disculparme pola extension do texto, pero despois de moitos intentos non fun capaz de deixalo mais curto.Comezamos cunha das nosas propostas favoritas deste ano GRAHAM FOSTER. No ano 1972 iniciou a súa carreira como baixista co trío do aclamado pianista londinense Brian Morris. A raíz disto no verán de 1977, despois de ser "descuberto" por Elton John actuando en The Marquee Club tivo o primeiro éxito coa súa propia balada Count me out do LP On the line. O seu grupo, entón chamado The Foster Brothers, incluía ao seu irmán Malcolm (baixista de The Pretenders e Simple Minds) e Robbie McIntosh (guitarrista de Paul McCartney e Norah Jones). O disco foi producido por Mike Vernon, coñecido polas súas colaboracións con John Mayall, Eric Clapton, Fleetwood Mac e Freddie King, entre outros. O ano seguinte formou parte de Network, un grupo de rock clásico. Os seus compañeiros nesta banda foron Gary Pickford-Hopkins (vocalista de Rick Wakeman), John Gosling (teclista de The Kinks), Andy Pyle (baixista de Gary Moore) e Ron Berg (batería de Savoy Brown). Con eles gravou o LP Look to the sun en 1979. No transcurso dos anos pasaron polo seu grupo músicos do talento de Mark Feltham (harmónica de Oasis e Rory Gallagher), Gerry Conway (batería de The Everly Brothers e Cat Stevens), Les Binks (batería de Judas Priest), Rupert Black (teclista de The Pretenders y Talk Talk) y Andy Wells (batería de Meatloaf). A comezos dos 90 encabezou o trío The Major Blues Band acompañado polo baixista Steve Emery e o batería Geoff Britton, quen colaboraran, entre outros, con Paul McCartney, Stretch e Manfred Mann. A raíz disto decidiu pasar tempadas máis longas en España e no 1994 formou Graham Foster's Night Train, acompañado por tres mozos músicos valencianos. O ano seguinte gravou o seu LP Blue Rhythm en Valencia e realizou unha longa xira promocional por toda España. Desde a súa chegada a España Graham tivo o gusto de tocar con artistas do talento de, entre outros, M-Clan, Mick Taylor (guitarrista de The Rolling Stones), The Vargas Blues Band, Hook Herrera e Kiko Veneno, e ten participado en numerosas gravacións por toda a peninsula. Actualmente temos a oportunidade de velo en directo coa súa formación The Graham Foster Trío, acompañado polo baixista José Terol e o batería Damián García. www.grahamfoster.net www.myspace.com/grahamfostertrio Sera o sabado 17 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para sociosA semana seguinte actuacion por partida doble o venres voltan ao Liceum El Cubo, veñen a estrenar o seu novo traballo La marcha de las hormigas, o seu terceiro disco de estudio, un traballo no que se conxugan forza, calidade e boas ideas a partes iguais. No disco, producido por Javier Abreu (Los Piratas, Boikot, Sugarless, Medusa) recóllese toda a esencia da banda e non deixará a ninguén indiferente. Tras o éxito de crítica e público dos seus anteriores traballos, El Cubo prepara o despegue con este novo disco. Produción de luxo para unhas cancións que darán moito que falar. El Cubo conta con dous discos editados, Aurora (Pai-Música 05) e ¿Dónde está nuestro sitio? (08). Ao longo da súa carreira, a banda ten compartido escenario con grupos relevantes da escena española como El Canto del Loco, Macaco, Siniestro Total, Sex Museum, Sugarless ou Dismal entre outros. El Cubo conta con distintos galardóns como son o premio 40 principales 2005 ao mellor directo Vigo ou o premio do público do Festival de Curtas de Cans ao mellor videoclip 2007.www.myspace.com/elcubomusic Sera o venres 23 as 23 horas. Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2,5 para sociosE o sabado chega dende Cataluña La Pegatina. A principios do 2007 nacía Al Carrer!, a sua ópera prima cun estilo que non acaba de ser rumba pero que promovía e prometía baile, xogo e frescura nun mesmo produto. Entón eran só tres membros: guitarra, caixón e voz. Dous anos despois preséntase con sete compoñentes, un directo producido por Gambeat (baixista de Radio Bemba), 4.500 copias vendidas, 180.000 descargas de Internet e máis de 250 concertos ás súas costas. Venderon 300 copias en Xapón, foron finalistas do disco catalán do ano 2007 e xiraron por Suiza, Francia e Italia. No 2009 presentan o seu segundo traballo discográfico, con acordeón y trompeta incluídos. A Via Mandarina, nome que dá título ao disco. Nos concertos sempre descargan o máximo enriba e debaixo do escenario. Os seus espectáculos baséanse na interacción e na busca dunha comuñón festiva co público. Se no seu disco Al Carrer! colaboraron artistas como Che Sudaka, Gambeat ou Manu Chao, esta vez tampouco se quedan cortos. En Via Mandarina (Kasba Music), poderanse escoitar as voces de DCallaos, El Puchero del Hortelano e tamén o trombón de Albert Costa da Always Drinking Marching Band e os teclados de Diego Castro de La Limoncello. O novo disco segue incorporando as melodías frescas e bailables que lles teñen levado a ser un punto de atención constante dentro do panorama musical mestizo e rumbeiro, catalán i español. Seguen sendo aquel diamante en bruto que apareceu no 2007 e que se ten ido curtindo a si mesmo a base de autoxestión. Para a xira do 2009, a Via Mandarina Tour, volven apostar por un directo producido por Gambeat, tendo como base a rumba urbana de sempre, aquilo que algúns chaman punk feito con guitarra española e caixón flamenco. Este ano darán un salto cualitativo cara España e parte de Europa, onde xa teñen preparadas minixiras polo Reino Unido, Francia e Suiza. www.lapegatina.com www.myspace.com/lapegatina Sera o sabado 24 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios A semana seguinte voltamos a ter doble actuacion o venres Despois de máis de 300 concertos arredor do planeta co proxecto Jerez-Texas, o violonchelista francés Matthieu Saglio presenta o seu novo proxecto Cello Solo, un caderno de bitácora inclasificable, humilde e conmovedor. En Cello Solo, co seu violonchelo como único medio de expresión, Matthieu Saglio entrega un manifesto musical marcado por unha visión artística rica e sensible. Tras empezar cunha Suite de Bach, o espectáculo evoluciona enseguida cara a un universo persoal. Matthieu Saglio combina a tradición clásica onde Cello Solo afunde as súas raíces, con sons e ritmos traídos dos seus encontros arredor do mundo. Nestas composicións conmovedoras, retumban os ecos das catedrais occidentais e dos souks do Maghreb, do tango latinoamericano e do flamenco ibérico. O espectáculo Cello Solo é un músico e o seu violonchelo. Ou máis ben conviría dicir os seus violonchelos. A maxia do sampler permite a Matthieu Saglio gravarse en directo para crear un diálogo consigo mesmo, a través dos seus alter-ego virtuais. Unha liña de baixo, pizzicati aéreos, un motivo co arco Cello Solo é máis que un simple concerto. O monólogo con varias voces de violonchelo compleméntase coa inconfundible voz de Emilio Garrido, o coñecido locutor de Radio Nacional de España-Radio3 do programa a Bañeira de Ulises, con textos extraídos da súa novela Aire de Fuga (Efecto Violeta Ediciones, 2009). Ademáis, o espectáculo alcanza unha dimensión máxica grazas ao coidadoso traballo de iluminación e escenografía de Máximo Sánchez Artal. A estrea de Cello Solo tivo lugar en Madrid (Auditorio Conde Duque) e Alicante (Teatro Arniches), en febreiro do 2009. Ante un público emocionado ata as bágoas, este espectáculo ten consagrado definitivamente a Matthieu Saglio como un virtuoso fóra do común, un compositor de grande orixinalidade e un dos violonchelistas máis apaixoantes da escena internacional actual. www.matsag.com Sera o venres 30 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para sociosE o sabado por primeira vez no Porriño Ai, Ai, Ai 10 anos despois do seu cuarto disco (Esperit de Vi, 1998 AZ Records) e dun parón no seu camiño, o grupo catalán Ai Ai Ai preséntanos o seu novo traballo de estudio: Lo més gran del món (2008 Propaganda pel fet!). A mediados do 2007 pasou o inevitable: o reencontro. Pep Lladó (teclados, voces e programacións) e Rafalito Salazar (ventilador e voces) decidiron volver camiñar xuntos, desta volta con David Torras (ventilador e voces) e Jordi Gas (voces). Entre os catro suman carreiras prolíficas, das cales podemos destacar o ter formado parte dos combos de Gato Pérez, Patriarcas de la Rumba, Jarabe de Palo, Sabor de Gràcia, Sau...Durante o ano 2008, e trala aparición dun recopilatorio de greatest hits titulado Les millors cançons dels milleni passat (2007 Ventilador Music), Ai Ai Ai teñen estado xirando intensamente co seu novo espectáculo, que combinaba con paixón e descontrol a súa traxectoria (con hits de toda a vida) e a nova etapa (cun formato de sound system único no xénero da rumba). Fixeron as delicias do persoal en festivais do nivel do Festival de Flamenc de Ciutat Vella, o Mas i Mas Festival en El Grec ou o Festín Caníbal (os tres en BCN), os carnavais de Tarragona, o festival de música latina máis importante de Europa (Tempo Latino, en Vic-Fezensac, Francia), incursións a Bordeaux e Marsella, sen esquece-los festivais de Leuven e Kortrijk (Bélxica) e, evidentemente, o circuito de festas maiores. De TV3 ao Restaurant el Petricó de Vic, do WOMEX (World Music Expo, Sevilla) ao clube Vermell (Manresa), das Festes de la Mercè de Barcelona ao Cafè Slàvia de les Borges Blanques. Con Ai Ai Ai, calquera escenario é válido para enleala gorda e, como din na canción, ellos van y vienen. Neste novo disco colaboran Massilia Sound System (Marsella), Larry McDonald (Jamaica-NYC, percusionista emérito de clásicos como Funky Kingston ou Rivers of Babylon), Quino Béjar, Xavi Ciurans e Edu Acedo (de Gertrudis), Papa Dee (de Brooklyn Funk Essentials), Joan Garriga (La Troba Kung-Fu) e o máis grande dos xitanillos cataláns (Paco Pubill, Johnny Salazar, Francisco Rambo Batista...) entre outros. De todo isto sae un compendio onde a rumba, coma sempre, abrázase a outros xéneros. Todas as rumbas levan a Roma. Dos sons balcánicos á habaneira, do reggae ao funk e do garrotín á salsa. En directo Ai Ai Ai desprega con forza o seu repertorio infeccioso: non hai festa que se lles resista. Programacións disparando riddims e secuencias nun formato de sound system que funciona ás mil marabillas, teclados, guitarras ventilando a rumba con harmonía e percusión xuntas, voces de descontrol e melodía popular, palmas para repenicar, algunha percusión que sempre vén ben e os bailes da Tia Pepi (se tedes sorte) son os ingredientes necesarios e suficientes para estes catro monstros da música en directo.www.aiaiai.cat. www.myspace.com/elsaiaiai. . Sera o sabado 30 as 23 horas. Os prezos 6 euros, 5 para socios e 2,5 para socios.A semana seguinte O grupo Covalblú xorde en maio de 2007 como froito das inquedanzas que os seus cinco compoñentes amosan pola música tradicional galega. Así no seu repertorio podemos atopar dende temas propios ata versións tradicionais o que fai desta formación unha continua búsqueda de sons novos e versátiles e letras moi coidadas. Todos os membros do grupo debido a súa experiencia noutras formacións (Sete Saias, Fuxan os ventos, Quempallou, Faltriqueira) teñen actuado en escenarios tan interesantes coma Ortigueira ou Lorient así como editado varios discos. Actualmente Covalblú, acaba de editar o seu primeiro traballo discográfico Mai, disco que están presentando por toda a xeografía galega. Os integrantes de Covalblú son: Clara Pino (arpa celta e voz, viguesa con estudos musicais no Conservatorio de Música de Vigo, comeza os estudos de música tradicional con Rodrigo Romaní, tamén integra o dúo Sete Saias co cal edita un disco, con colaboracións tan importantes como Xosé Manuel Budiño, Fernando Abreu, Xosé Liz ou Begoña Riobó, co que toca en diversos festivais como Ortigueira 07, Xacobeo 07,...), Rubén Abel (guitarrista premiado en diversos concursos e festivais a escala internacional como o Concurso Internacional de guitarra de Moisycos (Italia). É seleccionado polol INJUVE como solista nos circuitos de música clásica 2007. Realiza estudos de postgrado na Universidade de Música e Artes Dramáticas do Mozarteum de Salzsburgo (Austria). Ten actuado en España, Francia, Italia, Xapón, Rusia, Tailandia), Alfonso Abel (violoncello e voz, éste compostelán diplomado en Educación Musical posúe unha ampla experiencia na dirección coral sendo seleccionado polo Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia para a corda de barítono. Colabora como cellista en varios proxectos musicais), Roi Adrio (percusionista vigués, estudou no Conservatorio Superior de Música de Vigo adentrándose no mundo da música tradicional e a percusión. Estuda batería no seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Membro dos grupos Faltriqueira e Quempallou, na actualidade colabora tamén como percusionista con Fuxan os ventos) e Azucena Castro (violín, con estudos no Conservatorio Profesional de Lalín. Con formación superior en violín e con estudos de violín folk posúe ampla experiencia en orquestras (Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Vigo, Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia). www.myspace.com/covalblu. Sera o venres 6 de Novembro as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para sociosA semana seguinte o venres dende Arxentina Lisandro Aristimuño. En 2002 marcha a Buenos Aires coa súa guitarra baixo o brazo, un puñado de cancións e a ilusion de facer carreira coa súa música. Los Años Luz (discografica independente que conta con artistas como Kevin Johansen ou Minino Garay entre outros) decidiu apostar por el e xuntos publicaron o seu primeiro traballo Azules turquesas (2004). Nos seguintes anos tamén publicaron os seus dous seguintes álbumes Ese asunto de la ventana e 39º (2005 e 2007). Precisamente a canción El buho, do disco 39º, está na banda sonora da última pelicula de Francis Ford Coppola, que leva por título Tetro. Lisandro é un artista novo, diferente e difícil de clasificar dentro dun estilo musical, un referente clave dentro da música independente arxentina. En tan só tres anos este sorprendente autor ten pasado de tocar ante 100 persoas a encher aforos de máis de 1000, algo realmente rechamante tratándose dun artista independente que non conta con ningunha multinacional que promocione o seu traballo. Ten actuado en tres xiras por España, realizando máis de 40 concertos por todo o país, 15 deles precedendo a Iván Ferreiro. En outubro do 2007 foi invitado por Casa de América de España para participar do festival Viva América. No 2008 realizou unha extensa xira polo interior de Arxentina, culminada por tres cheos consecutivos no teatro Ateneo de Buenos Aires. Durante os meses de outubro a Xaneiro do mesmo ano, foron máis de 20 concertos os que volveu ofrecer en España con invitados tan notables como Jorge Drexler, Quique González ou Xoel López www.lisandro.biz, www.myspace.com/lisandroaristi e www.azulesturquesas.blogspot.com. Sera o venres 13 de Novembro as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios E o sabado voltan The Turre´s Band é un experimento sociolóxico sen precedentes que se deu alá polo ano 2001 cando doce dos mellores músicos de todolos tempos, fartos da monotonía existente na música do momento decidiron innovar e dar un paso máis. Moitos lles chamaron tolos, moitos lles dixeron que non serían nada... Pero co paso do tempo esas bocas deixaron de dicir parvadas, aínda que seguían abertas da impresión que causaba a mestura espectacular que fai este grupo do vento e de percusión. Xa quedaron atrás moitas duras batallas con públicos pelexóns que non paraban de chimpar ante a nosa música, e tamén un disco, Algho hai!!!! Entre os grandes concertos, salas de como o Tubulart e Liceum no Porriño, sala D´Anton en a Laracha, sala Dzine en San Sadurniño, e grandes festivais, como Reperkusión, festival Rebumbio, festival a´sacho, gandarós, terra brava do Incio, festixeve ou o Festival intercultural de Calaf (cataluña). Unha música que non coñece de fronteiras, nin de sexos, nin de idades A súa música vai dende o máis suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, e chegando a alegria e desenfreno dos ritmos ska e da musica balkanika, e sen esquecerse dun dos inventos máis importantes dos últimos anos (despois da tortilla de patacas con chourizo, claro) a MUIÑEIRA-SKA!!! Un estraño pero singular híbrido entre unha muiñeira tradicional galega e o desenfreno da musica ska, unha mezcla que no momento que é escoitado polo público sinte a impetuosa obriga de move-los pés ao seu ritmo. Os seus compoñentes son: Grazon (trompa), Moiko (trompeta), Jumel (trompeta), Mingus (fliscorno), Toñito (trombón), Gustaba (tuba), Porto (saxo barítono), Luleilo (saxo alto), Txema (percusión), Ritxi (batería), Ciskito (bombardino) e Castro (clarinete). www.turresband.com, www.myspace.com/theturresband. Sera o sabado 14 as 23 horas Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2,5 para socios.A semana seguinte o venres por fin voltan OS Carunchos Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país. Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, requinta, oboe e acordeón diatónico, xunto con vellas e novas cantigas compostas polo propio grupo fan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión, sendo a conexión co público unha das características que nos definen. Por outra banda, temos tamén un claro compromiso co noso idioma, empregando a lingua galega, e como non, a portuguesa, nos nosos temas. Algunhas das actuacións máis importantes ó longo destes anos foron: Festival de Pardiñas (Guitiriz), Festival Herba e Son (Liméns Cangas do Morrazo), Homenaxe ó Gaiteiro (Vigo), Festa da Reconquista (Vigo), Festa do Muíño (Coiro - Cangas), Festas de San Froilán (Lugo), Festigal (Compostela), Festival de Cerceda, Festival de Leiloio, Festival da Poesía de Salvaterra, Festival da Lúa Meiga (O Viso Redondela), Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Ordino (Andorra), Encontros de Música Tradicional de Viseu (Portugal), Memorial Ricardo Portela Programa Alalá da TVG Festival Étnico de O Fundao (Portugal) Os traballos editados polos Carunchos son: Ala, que vai! (1998), Sen tempo non era ( 2001), Montealegre (2004), En galego (2009) Os Carunchos son: Luis Correa Piñeiro, Pilar Gonçalves Barreras, Pablo Rial Salgueiro, Guillermo Rivas Fervenza, Isaac Teniente Molinos, Alberto Costas Comesaña www.oscarunchos.blogspot.com.ww.ghastaspista.com/carunchos.php. Sera o venres 20 de Novembro as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios E ao dia seguinte Jamila é de La Habana: naceu no barrio La Víbora. Coñeceu a través dos seus pais e veciños o filin dunha maneira natural. Ao seu pai gústalle La Nueva Trova e a súa nai parécese a Elena Burke, mentres as veciñas escoitan aparvadas a eléctrica voz do bolerista Vicentico Valdés. Jamila é a voz de Purofilin, xunto con Alejandro Luzardo en guitarrra e arranxos. Atrás quedan dez anos de carreira musical e máis de cincocentos concertos realizados, entre os que se poden salientar os seguintes: o Festigal, Voces en Femení, Festival Internacional de Música y Danza de Granada, Festival de Jazz de Ezcaray,... Jamila produciu o seu primeiro disco publicado no 1999 co título Jamila Puro Filin. Saudade do Machín é o espectáculo. Antonio Lugo Machín (Sagua la Grande 11/02/1903, Madrid 4/08/1977) comezou a rodar polo mundo tras dun soño musical. E acadouno. Como di o refrán ninguén é profeta na súa terra e no caso de Machín cúmprese porque el negrito Machín aínda non é lembrado en Cuba, a súa illla natal. España viuno triunfar e vivir. Os boleros, guarachas, sons e demáis pezas interpretadas por Machín, hoxe soan indelebles e lembralas provoca nostalxia por unha época que, non por difícil resulta menos entrañable. El, coa súa voz e a súa cadencia alegrou unha época gris que pouco a pouco foi enchéndose de cor e esperanza. www.myspace.com/jamilapfilin Sera o sabado 21 as 23 horas Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para sociosA semana seguinte voltan Sugar Mountain Desde a publicación do seu anterior disco In The Raw, que colleitou inmellorables críticas de toda a prensa especializada, pasaron xa tres anos e Sugar Mountain volveu ao estudio para preparar o seu terceiro álbum: Love unique. Un traballo que promete ser unha nova volta de rosca na súa evolución estilística cara a un rock'n'roll cada día máis persoal. Baixo a supervisión dun tándem de luxo (Ken Coomer / Charlie Brocco) á produción os Sugar Mountain procuran dar un salto cualitativo. Ken Coomer, formou parte de grupos da talla de Wilco ou Uncle Tupelo e ten un impresionante currículo como produtor de artistas como Steve Earle, Will Hoge ou Chetes. O enxeñeiro de son Charlie Brocco foi responsable de discos de Fleetwood Mac, George Harrison ou Jeff Lyne. Javier Ruano (voz e guitarra), Yago Carreño (guitarra), Isaac Campos (teclado), Rubén Álvarez (baixo) e Iván Trigo (batería) percorrerán de novo a xeografía española presentando un traballo que promete sorprender a máis dun. Atrás queda, alá polo 2004, despois de compartir escenario con bandas como The Georgia Satellites, Drive-By Truckers, The Bellrays ou Diamond Dogs, o seu primeiro longa duración, Hand Crafted Tunes. Que colleitara inmellorables críticas en toda a prensa especializada, permíitíndolles tocar por todo o estado, así como en Alemaña, Portugal e a República Checa. E posteriormente In The Raw, o su esperado segundo álbum, publicado simultáneamente en España (Good Sounds) e nos Estados Unidos (Brewery Records) i é novamente aclamado por público e crítica..www.sugar-mountain.net. www.myspace.com/sugarmountainmusic.E imos rematar con esta programacion cun artista que por costume sempre enche a nosa sala e deixa sen a oportunidade de miralo a moitisimas persoas. Volta Rober Bodegas, o Bar Liceum ten a honra de ofrecer un novo espectáculo monologuístico deste ilustre e polifacético actor. ¡Y un condón por si pillo! é unha historia con forma de monólogo na que Rober lembra a chegada do seu espertar sexual, e como, grazas á intervención de personaxes tan dispares como Lorena Berdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu da-lo paso de neno a home (vamos, que botou un polvo). Unha reflexión sobre os traumas adolescentes e inseguridades propias do momento: ¿Cada canto hai que separar a boca nun morreo? ¿Teríaa ligado eu de ser meu o BMW? ¿Cal é o dereito do condón? ¿E por que non traen unha marquiña? ¿Por cada cantos nenos corresponde un columpio nos parques infantís? ¿Alguén viu algunha vez cansarse aos que bailan nas tarimas das discotecas maquineiras? ¿E por que cando poñen as lentas sempre hai máis tíos que tías? ¿A partir de que copa a sedución considérase embebedamento? ¿Cantos fallos se permiten nun test de embarazo? A resposta a todas estas preguntas e a moitas outras atoparalas en: ¡Y un condón por si pillo! Iso sí, quizáis non sexan as que esperas.Rober Bodegas xa se pode dicir que é un veterano no mundiño do humor e dos monólogos. Gañador do concurso de TVE El Rey de la Comedia, ten compartido escenario con artistas tan consagrados como Quico Cadaval, Cándido Pazó, Javier Veiga, Quequé ou Flipy. Ademáis disto é guionista e colaborador do programa da sexta Sé lo que hicisteis e tamén asina unha sección no xornal La Voz de Galicia. www.roberbodegas.wordpress.com.www.fotolog.com/rober_bodegas. www.roberbodegas.eu. Sera o venres 12 de Outubro as 23 horas. Os prezos 8 euros normal e 4 para socios. Antes de despedirme quixera recordarvos que ainda podedes facervos socios do Liceum custa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na sua casa de todas as nosas actividades e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persoa en habitacion individual ou por 30 persoa en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.Decirvos que o resto da semana o Liceum aspira a ser o voso lugar de encontro e temos actividades diversas como clases de Bailes de Salon os xoves ou clases de danza do ventre os luns.
Unha aperta moi grande.
Paco Quintas
Contactos: Paco Quintas: 986-330022
Bar 670-016754 Telemóbel
E-mail: oquequeiras@barliceum.com
Paxina web: http://www.barliceum.com

Sem comentários:
Enviar um comentário