ANA ALCAIDE NO LICEUM
Unha intérprete e compositora que desenvolve unha actividade investigadora en torno a antigas tradicións e culturas. Mentres estudaba Bioloxía, viaxou a Suecia e alí coñeceu a Viola de Teclas, un instrumento medieval minoritario que en sueco chámase 'nyckelharpa'. Ana namorou del e aprendeu a tocar de xeito autodidacta nas rúas de Toledo, fóra e lonxe da súa tradición orixinal. Como froito da súa busca de novas linguaxes co instrumento, publicou Viola de Teclas no 2006, traballo co que comeza a súa carreira musical e que foi producido por Carlos Beceiro. Ana é unha pioneira introducindo e divulgando a nyckelharpa no estado español. Durante os tres anos seguintes completou a súa formación musical en 'Malmö Academy of Music', Suecia, onde personalizou a súa carreira como intérprete e compositora. A súa música é unha creación nova inspirada na antiga tradición sefardí. Sintetiza estilos musicais de diferentes culturas. Dende o marco de inspiración que lle brinda a súa cidade, Ana escribe e produce as súas cancións, engade composicións e adapta o seu instrumento a melodías ancestrais que levan viaxado polo Mediterráneo e que tiveron a súa orixe na España medieval. Tralo éxito de Como la luna y el sol (20007/2008), por fin presenta o seu terceiro disco, La cantiga del Fuego, iniciando unha extensa xira de concertos durante o inverno de 2012. Con este traballo Ana dá un paso máis na súa proposta de renovación da tradición sefardí, musicalizando lendas e escribindo cancións que falan da nostalxia deste pobo.
www.myspace.com/comolalunayelsol
www.youtube.com/watch?v=wVMXe1fGhjU&feature=related

Sem comentários:
Enviar um comentário