CoraSons CON UXIA & COMPANY
Esta semana imos pechar a nosa programacion deica Outubro cunha despedida ao grande o venres unha destas actuacións que se fan moi poucas veces na vida, esta e a súa cronoloxía: Recibín unha proposta para realizar unha exposición en Santiago de Compostela, durante todo o mes de febreiro e aceptei. Como a persoa que me convidou é unha cantante galega, a Uxía, logo pensamos en realizar tamén un concerto con cancións que falasen do corazón. Pedimos a colaboración de distintos músicos portugueses, galegos e brasileiros a vivir na Galiza. Chamouse 'Sons do coração', unha bonita forma de festexar o San Valentín. Foi unha experiencia tan significativa para todos os que participaron, que nos gustaría volver a repetila no Liceum para recrear momentos como o da cardióloga Belén Cid cantando o Corazón Partío, a miña sobriña Inês entoando 'Carinhoso' de Pixinguinha ou tod@s xunt@s o Coração Bobo de Alceu Valença. Desta volta queremos chamalo CoraSons e estaremos presentes: Como anfitriona e raiña de corazóns: Isabel Leal, de Porto, autora do Álbum de fotos da exposición 'Heartistic'. Sérgio Tannus: Guitarra, cavaquinho e dirección musical Sérgio Sales: piano e acordeón Uxía, Fred Martins, Jamila Castillo, Magín Blanco, Chus Senlle, Najla Shami, Belén Cid, Inês Salselas, Ana Senlle, Tatán e algunha sorpresa máis... " Será o venres 24 de Xuño as 23h30 horas. Os prezos 8 euros normal, 6 anticipada e 4 para socio.
CARLOS BLANCO
E o sabado Carlos Blanco xa non fai falta presentalo, o seu nome fala por el. É un fixo na axenda do Bar Liceum e como cada ano volve para facer rir a todas/os as/os privilexiados que consigan unha entrada.Carlos Blanco ten traballado en Teatro, Cine, Televisión e Radio. Nos últimos anos vén desenvolvendo unha actividade continuada como Narrador Oral tanto na Galiza como en toda España ( Madrid, Barcelona, Zamora, Salamanca ou Avila ), así como en Polonia, Holanda, Alemaña ou Portugal. Pouco se pode engadir dun artista como Carlos Blanco máis que foi quen de traballar con directores do prestixio de Pedro Almodóvar, Gerardo Herrero ou o propio Antón Reixa, e que compartiu set de rodaxe, escenario e plató con actores e actrices de prestixio mundial.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Blanco_Vilahttp://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_Blanco_%28actor%29
http://en.wikipedia.org/wiki/Carlos_Blanco
Será o sábado 25 de Xuño as 23h30 horas. Os prezos 8 euros normal, e 4 para socios.
Sem comentários:
Enviar um comentário