Notícias do Bar Liceum



AMARO FERREIRO NO LICEUM

O proximo venres Amaro Ferreiro (Vigo, 1977) empezou traballando xunto ao seu irmán Iván Ferreiro en Canciones Para el Tiempo y La Distancia (Warner, 2005) e autoeditou en 2007 o seu primeiro disco en solitario, laciudadelasagujas. Foi en setembro e foron 1.000 copias, nun traballo no que se atopan colaboracións como Eva Amaral, Iván Ferreiro, Xoel Deluxe e Leiva de Pereza, comezando unha xira por toda España O seu outro proxecto, Glez., banda formada xunto con Emilio Saiz, Toni Toledo e Suso Saiz, editou o seu primeiro álbum, Demos (Glez./Warner, 2009), a finais de 2009. Agora Amaro decide saír só, porque así tiña que ser. Tras anos traballando noutros proxectos, Amaro Ferreiro embárcase nunha xira á que chamou Conciertos para ir solo, coa súa guitarra e a súa voz ofrecerá un concerto acústico onde interpretará cancións de todo o seu repertorio e algunhas novas, ademais dalgunhas versións.

Será o venres 13 de Maio as 23h30 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socio. 



Sem comentários:

Enviar um comentário