DAMBA NO LICEUM
Este venres dende Euzkadi pasando por Cuba Damba. Ritmo, cor e unha música que transmite enerxía positiva e que fai mover, bailar e cantar. Damba é un xeito de ser, unha música que vén dende abaixo, das raíces dos pobos e as músicas do mundo, unha mestura do tradicional e o moderno con estilos que soan a Rumba, Blues, Punk, Son, Reggae, Funk, Rock e a música Electrónica cun son que, entre outros, lembra a Amparanoia. Eles teñen unha grande dose de loucura, ledicia e convidan á festa e ao baile, as cancións están cheas de sons que transmiten e textos que se refiren á vida cotiá, á felicidade, inquietude, ironía, sinceridade e á poesía. A súa fonte de inspiración é a escoita, a vida e as ideas dos catro rincóns do mundo Damba esta formado por 11 músicos de Cuba, Venezuela, Madrid e Euskadi. A súa musica é moi aconsellable para facer festa. Cantan en euskera, castelán, catalán, francés, inglés e brasileiro. O título do seu primeiro álbum resúmeo todo Y si rompo mi camino... reunindo a todos nesta emoción con todo o seu calor. Un gran sopro de aire fresco e un desexo de comparti-la alegría da vida. Damba é un grupo que mergulla no seu universo, fai viaxar e descubrir mundos musicais e historias vencelladas con diversas culturas, ritmo, cor e enerxía positiva que fai mover, bailar e cantar. Dende que publicaron o seu disco en xaneiro de 2009, levan tido bastantes concertos no País Vasco, Francia e España, grazas, sobre todo, ao apoio dos medios de comunicacion e ás boas críticas verquidas neles. Grazas a estas críticas, ten ido moita xente aos seus concertos, sendo moi bien acollidos. Kristian Amorena (bateria, percusión, programación e coros), Oskar Estanga (trikitixa, guitarra e coros), Aitziber Estanga (coros, guitarras e percusión), Elena Perez (voz), Pat Tetevuide (guitarras e coros), Xabi Leon (piano, teclado e coros), Lerman Nieves (baixo e coros), Iñigo Ayerdi (trompeta e coros), Abraham Roman (saxo tenor, alto e coros), Xabi Dominguez (trombón e coros), Luisito Puerto Sarria (trompeta, coros e percusión), son os compoñentes de Damba.
http://www.damba.info/
www.myspace.com/dambacom
Será o venres 28 as 23h30 horas.
Os prezos 7 euros normal, 6 anticipada e 3,5 para socios.

Sem comentários:
Enviar um comentário