Notícias de Bar Liceum



FONTELIÑO NO LICEUM

E xa para rematar o ano a ultima producción discográfica do Porriño gravada no Liceum Fonteliño. No ano 2002 un grupo de amigas, cunha afección compartida pola canción galega, pensaron na posibilidade de formar unha agrupación folclórica que lles permitise cultivar esa rama da nosa cultura popular. A idea callou de seguido. En pouco tempo comezaron os ensaios dirixidos por Ana Senlle (todo un acerto a súa elección como directora). Dende os primeiros concertos ate o día de hoxe todas as actuacións foron ben recibidas polo público, o que as animou e segue animándoas a continuar o labor iniciado. Cando buscaban un nome para diferenciarse doutros grupos, alguén propuxo o de Fonteliño. Soaba ben e foi aceptado. Fonteliño é un lugar entre as parroquias de Cans e Atios, por onde pasa un pequeno regato que vai desembocar no río Louro. Cando pasa polo Fonteliño faino entre pedras nuns rápidos, e o seu paso por elas é unha constante cantiga. Esta primeira gravación vén ser como un resumo do seu labor en todos estes anos. Unha modesta aportación a ese gran río cultural da nosa Galiza, que é a súa música popular, na que puxeron o seu mellor saber, adubado con moito amor e agarimo. Será o mercores 29 as 21h00 horas. Os prezos 4 euros normal, 3 anticipada e 2,5 para socios.

PROXIMAS ACTUACIONS

QUICO CADAVAL 14-1-11
EIGUALDEIXA 21-1-11
GARI 22-1-11
DAMBA 28-1-11
PESDELAN 4-2-11
LINHO DO CUCO 18-2-11

Sem comentários:

Enviar um comentário