ACTIVIDADE FRENETICA NO LICEUM
Dicirvos que a parte hostaleira do Liceum estreou nova xerencia coa intención de mellorar en tódolos aspectos posibels e seguir sendo o punto de referencia do Porriño non so a nivel cultural sino tamén a nivel hostaleiro co lema onde empeza todo que glosa por un lado a nosa antiguedade e por outro o que somos ou aspiramos a ser o local dos teus primeiros cafés da mañá e da tarde, da túa primeira cervexa e da túa primeira copa pola noite a parte de ser o local de todas as grandes festas (Cristo, San Benito, Carnavais, Fin de ano, Reis,...). Toda esta nova actividade hosteleria vai a ir acompañada dunha actividade cultural frenetica con concertos o venres, o sabado e o domingo.
THE TURRE`S BAND o venres,
The Turre`s Band a estas alturas, xa non vos imos dicir a todos o que vén sendo a turre´s, xa sabedes moi ben que son o experimento sociolóxico máis grande que se viu en Mos.Despois de durísimas batallas nos mellores festivais da Galiza e de España, e despois de tocar nas mellores salas do país, a Turre´s volta á súa casa: o bar liceum, onde nos presentarán os temas do seu último disco A última verbena e onde tamén nos presentarán moitas sorpresas. Formada por 13 músicos, 11 ventos dende a Louriña, o Condado e Vigo, e 2 percusionistas torroseños de pura cepa, este novo espectáculo da Turre´s Band non vai deixar a ninguén indiferente, nin parado. No seu repertorio degustamos dende o swing, jazz, ska, música balkánica, música tradicional galega, rap Leidis an yentelmas prepárense para disfrutar da última verbena coa Turre´s Band!!!!!
www.myspace.com/theturresband
www.facebook.com/pages/The-Turres-Band/141545272657
http://www.turresband.com/
Será o venres 10 as 23h30 horas.
Os prezos 4 euros normal, 3 anticipada e 2 para socios.
SEPTIEMBRE NEGRO o sábado,
Septiembre Negro este histórico grupo porriñés do Heavy Metal fundado hai xa un par de décadas, volve á carga despois de dous anos sen subirse aos escenarios. Volven con forza e co heavy fresco e aplastante ao que nos teñen acostumados. Ademais das súas propias cancións, versionan a clásicos do heavy. Formouse na década dos 80, como grupo heavy sen agachar as súas influencias de clásicos do metal e do rock duro. Acaban de gravar a súa segunda maqueta, un traballo cheo de riffs de guitarra e contundente base rítmica. A súa formación variou ao longo da súa historia pasando finalmente de ter tres compoñentes cun trío clásico de guitarra, baixo e batería a catro músicos cun segundo guitarrista, conseguindo así un son máis contundente en directo.
Será o sábado 11 as 23h30 horas.
Os prezos 3 euros normal e 1,5 para socios.
MAIKA MAKOVSKI e o domingo,
Maika Makovski. Hai artistas que se expresan nun idioma construído a partires do de todos os seus predecesores. Hai discos que condensan o aroma dos clásicos. Hai música que contén todas as músicas. Así é Maika Makovski, a artista, o seu disco e a súa música. Maika, mallorquina con sangue andaluz e macedonia que viviu en New York e sempre volve a Barcelona, presenta o seu terceiro traballo gravado e producido por John Parish en Bristol e Bath. Hai quen a compara con PJ Harvey. Seguro que os comparadores fallan o tiro. Como Polly Jean, Maika é unha muller que compón, canta, toca a guitarra e o piano, unha moza con carácter que fai cancións como solo se deberían facer: con paixón e intensidade. Filla de Vangel Makovski, un multiinstrumentista afincado en Palma, Maika alimentouse con música. E, polo que conta, sempre lle gustou comer de todo. O mesmo cita a Stooges, Damned, The Cramps ou Dead Moon que fala do Son House, Skip James e outros clásicos do blues do Delta. Ás veces confesa que Prince é unha das paredes mestras da miña caixa de música pero sempre deixa oco nesa virtuosa caixa de Pandora para Neil Young, Ike & Tina Turner ou Serge Gainsbourg. Quizais nada diso soe de xeito evidente nas cancións do seu terceiro traballo e, sen embargo, todo está aí, agachado nalgún lado para suxerir ao subconsciente do público que este é un deses discos que seguirá na banda sonora da súa vida dentro de dez anos.Maika atopou o destino dunha viaxe que comezou gañando o Festival de Pop Rock de Palma de Mallorca con 15 anos. Dando pisadas con botas de punta de aceiro punk no seu primeiro disco, Kradiaw (2005), e con zapatos de bailarina en Kraj So Kóferot (2007). Reunindo aos mellores compañeiros de travesía posibles (David Martínez á batería, Juan Carlos Luque ao baixo e á percusión e Oskar Benas á guitarra, o banxo e os coros) e conquistando con eles escenarios de todo o mundo. Maika Makovski destilou a súa esencia e, con ela, a de toda a boa música. Por iso chamou o seu disco coa única definición posible: Maika Makovski.
www.myspace.com/maikamakovski
www.facebook.com/pages/Maika-Makovski/130236094377
Será o domingo 12 as 23h30 horas.
Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

Sem comentários:
Enviar um comentário