Notícias de Bar Liceum


O SONORO MAXIN VOLTA AO LICEUM

Este venres volve ao Liceum un grupo con maiúsculas, O Sonoro Maxín. Estes mozos saben que para crear hai que camiñar, e cóntannos como todo ten unha onda sonora que nos fai mover e actuar con toda a forza do corazón, unha onda que transmite directamente de peito a peito, sen intermediarios. Apelan á verbena e á cumbia, á soberanía absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile, traéndoa até a fusión musical do s. XXI.O Sonoro Maxín xorde quentiño no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi ou The Pigmalions. Estréanse en Ourense, a súa cidade natal, o 30 de decembro e percorren durante o 2008, 2009 e 2010 toda a xeografía galega con máis de 150 concertos nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka. O 2010 remátano cunha xira por Portugal que os levou desde o septentrional Chaves até o meridional Tavira pasando por Amarante ou Péso da Regua.No tocante a gravacións participan no Recopilatorio Esccolma, na Homenaxe aos Diplomáticos de Monte Alto, 120 capadores. Así mesmo, no 2008 participan no Recopilatorio GZPOP! A nova fornada de rock. En outubro de 2009 gravan nos estudios Garate de Andoain (Gipuzkoa), en co-produción con Xabier Zabala, a canción Quero-te máis, versión da coñecida Maite. Na actualidade o grupo reúnese para comezar o proceso de preparación do que será o seu primeiro disco de estudio, que se gravará ao longo do ano 2011.

www.myspace.com/osonoromaxin

http://www.osonoromaxin.com/


Sera o venres 26 as 23h30. O precio 3 euros anticipada, 4 euros normal e 2 euros para socios.

Sem comentários:

Enviar um comentário