Notícias de Bar Liceum

LA TROBA KUNG-FU

Esta semana o venres La Troba Kung-Fú o seu primeiro traballo discográfico (Clavell morenet) levounos a actuar nos Estados Unidos, en México e, xa en Europa, no Reino Unido, Bélxica, República Checa e Hungría. O seu segundo álbum leva por título A la panxa del bou. Na panxa del bou nin neva nin chove, todo é escuro e todo se move. Na panza do boi a viaxe vivida por estes músicos aparece en cinemascope, os olores en cada un dos rincóns, os botóns son balcóns e as rúas das grandes cidades confúndense dentro das paisaxes imaxinadas. Na panza do boi non importan as medallas recibidas, só o goce da primavera emerxida, a fachenda do barrio que lles acolleu, a certeza do absurdo. Cando rompe o xasmín, a rumba convértese en sinfónica e cando se cheiran as rúas de New York nos corredores do metro comezan os rañaceos de LED da mesa de son. La Troba Kung-Fú gravou o seu novo disco no seu propio local, editouno cos seus propios medios e amosou as súas cancións na Rede. Este segundo disco do grupo de La Garriga e, de novo, centrado, aínda máis se cadra, na rumba, rumba heterodoxa, quizais non evidente, pero, sen dúbida, rumba. É un disco urbano e rumbeiro, pero tamén é guasón e divertido, que é un elemento plenamente xitano. Pero tratándose de La Troba non se pode falar só de rumba, xa que no disco hai tamén algo de hip-hop, cumbia, unha rancheira, ritmos en boa medida suxeridos polas viaxes dos membros do grupo. Medmo un dos temas do álbum tamén incorpora apuntes de regetón. O disco presenta, asimesmo, un tema adicado a Barcelona, unha cidade xa moi habitual en moitas cancións. No concerto, interpretarán moitas das cancións do seu novo disco, e como é norma no grupo, a intención final será triple "tocar, divertirnos e facer que o público baile. Ese é o espírito de La Troba".


Será o venres 29 as 23h30 horas. Os prezos 10 euros normal, 8 anticipada e 5 para socios.

Sem comentários:

Enviar um comentário