



Esta semana case vos temos que pedir que acampedes no Liceum porque temos unha intensa actividade con tres concertos do máximo nivel, o venres Alo Django con Quin Fariña o violinista de Berrogueto ao frente, o sábado dende Arxentina os tangos de Mariel Martinez acompañada de Alejandro Picciano e o domingo celebramos o día da musica cun concerto de Uxía gratis hasta completar o aforo, co único requisito de solicitar unha invitación no Liceum ou pedírnola por telefono. Tamén quería informarvos que para a semana teremos o venres e o sábado a Carlos Blanco e que acabamos de pechar un marabilloso concerto para o venres 8 de Xullo cos herdeiros de La Vieja Trova Santiaguera El Septeto Santiaguero case na única oportunidade de miralos en Galiza nesta visita dende Cuba.
Sem comentários:
Enviar um comentário