Notícias de Bar Liceum



DONICELAS

Este venres dende Salceda o grupo de pandereteiras Donicelas. Formado por Tere, Noelia, Bea, Isa, Andrea e Rosa o grupo comeza o seu percorrido por distintas vilas de Galiza, intentando dar a coñecer algo máis da cultura galega. Este viaxe levounas en máis dunha ocasión aos estudios da TVE en Galicia ou da TVG.Pero a maior parte das súas actuacións teñen lugar en festas tradicionais, colexios, institutos e centros culturais de Salceda de Caselas e arredores (Vigo, A Garda, Porriño...). Cabe destacar as actuacións realizadas nas festas de San Froilán (Lugo), en Guitiriz (Lugo) ou no pub Miudiño (Ourense). Así mesmo, o grupo estivo xa presente en máis dunha ocasión no país veciño, Portugal, para levar a súa música a diversos actos celebrados en Vilanova de Cerveira. A finais do 2004 incorporan dous homes ao grupo: José Manuel San Román (experimentado gaiteiro) e José Alonso (acordeonista). O seu primeiro disco Que nunca foi abalada (2005) recolle temas xa tradicionais de Donicelas, así como outros de recente incorporación. Contan coa colaboración deTreixadura, Tino Baz, Orfeón Treixadura e Magoia Bodega.

www.donicelas.com


Será o venres 11 de Xuño as 23h30 horas. Os prezos 4 euros normal, 3 anticipada e 2 para socios.

Sem comentários:

Enviar um comentário