A REIR CON ARACELI SAAVEDRA
Este venres en primicia mundial Araceli Saavedra. A artista porriñesa leva navegado varios mundos: comercio, docencia, interpretación... Sempre naufragando... soña que un día chegue o mar ao Porriño. Ela di que fai o que pode cando pode!!. Ten desenvolvido traballos de interpretación e divulgación para diferentes productoras,na televisión Galega e na Radio Galega. Agora Araceli vai poñer en escena o que ela deu en chamar humor porriñés. Preséntanos un espectáculo en clave de monólogo cómico onde dende o clown, a narración e a poesía lévanos a viaxar polos paraísos infantís da "xeración da nocilla". Parte da recadación do seu espectáculo será a beneficio do 1º Festival Internacional de Pallasos en Palestina e ao remate do espectáculo proxectarase un documental sobre o tema. Será o venres 14 as 23h30 horas. Os prezos 6 euros normal e 3 para socios.

Sem comentários:
Enviar um comentário