MARYLAND EN CONCERTO
Despois do pequeno descanso da Semana Santa voltamos cun combinado Vigo o Porriño Maryland. Hai grupos que buscan desmarcarse de todo o existente en cada un dos seus discos; outros, en cambio, son conscientes de que forman parte dunha tradición e saben crearse o seu propio mundo e expresar quen son dentro dela, sen obsesionarse por romper moldes. Maryland pertence a esta segunda clase. E o seu disco de debut é a súa aproximación ao pop de guitarras máis enérxico, por momentos achegado ao noise ou ao power-pop, un disco alleo a modas e tendencias. Eles saben que o que de verdade importa son as boas cancións, e o seu último traballo discográfico ( Surprise ) é unha mostra de que este grupo as ten. En cada escoita atópanse detalles novos: o aire Weezer (banda estadounidense de rock alternativo) de This time, na que pon a súa voz Jaime García Soriano (Sexy Sadie), o aditivo do estríbello de Revolution, a emoción do momento no que entran as cordas en Agosto... O disco chega acompañado por un directo xa moi rodado, que levou a Maryland a ser finalistas de concursos como o Grupo Revelación Nacional 2009 no Festival Contemporánea, o Queixo Maquetón de Arzúa ou o Nsaio no Camiño.
www.myspace.com/marylandvigo
Será o venres 9 de Abril as 23 horas. Os prezos 4 euros normal, 3 anticipada e 2 para socios.
PROXIMAS ACTUACIONS
LA BROCHA SQUAD + YSLEM HIJO DEL DESIERTO SAHARA - O PORRIÑO 16-4-10
JEREZ TEXAS FLAMENCO JAZZ VALENCIA 17-4-10
YONI MEDIOGRAMO HUMOR SALVAXE 23-4-10
A TUNA RASTAFARI VERBENA SON 30-4-10
PRESSING BRAS MOS BANDA NEW ORLEANS 1-5-10E en Maio e Xuño tamén estarán con nos entre outros Estado de Sitio, The Cookin Soul, Jota Mayuscula, Stereotipos, Víctor Coyote, Donicelas, Alo Django e remataremos con dous días con Carlos Blanco.

Sem comentários:
Enviar um comentário