Notícias de Bar Liceum

Boletín informativo, 12 de Marzo de 2010, Nº: 43

PONTE MUSICAL: BAILES DE SALON, MUCHO MUCHACHO E FRED MARTIN
Esta semana teremos un activísimo ponte musical, que comezara o xoves, onde os nosos alumnos e profesores de bailes de salón, xunto co resto de alumnos e profesores cos que conta a Escola de danza Pasos en toda a provincia, ofrecerannos unha velada de bailes de salón, onde todos podedes ir e bailar con eles todo tipo de bailes: latinos, standards, salsa ou sexa dende un pasodobre a un valse pasando polo merengue ou polo tango esperamos que vos divirtades MUCHO MUCHACHO

O venres e por primeira vez na nosa sala un dos grandes do hip-hop español Mucho Múchacho. Non ven a pinchar ven a rapear cun novo proxecto Cookin Bananas onde están Skinny banana CAP, A.K.A. Mucho Muchacho e Cookin Soul (cecais os mellores e mais coñecidos productores de hip-hop español con produccións de artistas de todo o mundo que estarán tamén con nos en solitario no mes de Maio). Mucho Mu, é o pseudónimo de Oliver Gallego Sarmiento, MC de Barcelona, integrante do grupo 7 Notas 7 Colores e que fundou en 2003 o selo musical C.R.E.A.M., baixo o que editou o seu único LP en solitario como MC, Chulería. 7 Notas 7 Colores: Formado inicialmente por Dive, DJ Neas, Eloy e Mucho Múchacho, o grupo redúcese ao dúo formado por Mucho Múchacho (MC) e Dive Dibosso (productor musical), acompañados por DJ Neas nos concertos. Logo de publica-lo primeiro disco (Hecho, es Simple,) Neas abandona a formación, á par que entra Eddy la Sombra, como MC. Posteriormente, DJ Vadim súmase como DJ e productor á formación. No ano 2000, 7 Notas 7 Colores saca novo disco titulado 77, con bos resultados de vendas, conseguindo se-lo primeiro grupo de hip hop en entrar nas listas de AFYVE. Fundan a súa propia compañía discográfica, chamada La Mami Internacional, co que sacan o seu último álbum, do mesmo nome. No 2002 o grupo disolveuse. Sen embargo, no ano 2007, Mucho Múchacho anunciou a volta de 7 Notas 7 Colores,cunha formación renovada. Aparte de Mucho Múchacho e DJ Vadim entra na formación Principiante, MC valenciano. O seu primeiro e único LP en solitario como MC é Chulería, un álbum cheo de colaboracións que inclúen, por destacar algunhas, a Tony Touch, famoso productor, DJ e rapeiro portorriqueño, Ray Roll e novas promesas como Masstone. En 2006 edita a súa primeira referencia como productor, unha mixtape titulada The Hip-Hop Institute Vol. 1, con remezclas de artistas norteamericanos como Quasimoto, Ol' Dirty Bastard ou De La Soul.


Será o venres 19 de Marzo as 23 horas ao remate do concerto quedaranse todos eles con nos pinchando hasta altas horas. Os prezos 15 euros normal e 7,5 para socios.

FRED MARTINS

E o sábado Fred Martins nace en Niteroi, Río de Janeiro. Interesado pola música dende a infancia, empeza a toca-la guitarra con once anos. Posúe no seu haber catro discos e cancións gravadas por artistas brasileiros de renome como María Rita, Ney Matogrosso e Zélia Duncan. Tamén foi o vencedor por unanimidade de público e xurado, do 9º Premio Visa de Música Brasileira. No ano 2001 Fred lanza o seu primeiro álbum, Janelas. Neste traballo os elementos de rock agréganse ao bossa e á MPB (Música Popular Brasileira). Raro e Comum (2005) é o seu segundo traballo discográfico. Un disco onde mantén o concepto do primeiro. No 2008, lanzou o CD e DVD; Tempo Afora, con excelente recepción da crítica especializada e do público presente nos espectáculos. Fred Martins acaba de publicar no 2009, Guanabara; conformado por un repertorio autoral nun álbum onde as súas cancións flirtean con bossa e samba. É un CD acústico, dándolle énfase á guitarra e vocais, un disco dedicado á musicalidade de Río de Janeiro. Ultimamente presentouse en Galiza, en prestixiosos escenarios: Ciclo Portuarias (Ferrol), Festival dos abrazos (Santiago de Compostela), en Cantos Na maré (Pontevedra), en Ourense e Castro Caldelas no ciclo Dúas Noites. Prepara a súa xira hispano-portuguesa acompañándose dun formato camerístico, xunto con dous prestixiosos músicos europeos: o percusionista galego Luís Alberte Rodríguez Legido, e o pianista Paulo Borges, de Açores, Portugal.


Será o sábado 20 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

PROXIMAS ACTUACIONS
MARYLAND INDIE - POWER POP VIGO-O PORRIÑO 9-4-10
LA BROCHA SQUAD + YSLEM HIJO DEL DESIERTO SAHARA - O PORRIÑO 16-4-10
JEREZ TEXAS FLAMENCO JAZZ VALENCIA 17-4-10
YONI MEDIOGRAMO HUMOR SALVAXE 23-4-10
A TUNA RASTAFARI VERBENA SON 30-4-10
PRESSING BRAS MOS BANDA NEW ORLEANS 1-5-10E en Maio e Xuño tamén estarán con nos entre outros Estado de Sitio, The Cookin Soul, Jota Mayuscula, Stereotipos, Víctor Coyote, Donicelas, Alo Django e remataremos con dous días con Carlos Blanco.

Sem comentários:

Enviar um comentário