ACTUACION MOFA E BEFA
Este venres Mofa e Befa poñen os seus mandís, arremánganse e métense na cociña a facer o que eles mellor saben, que non é nin fritir un ovo nin preparar unha caldeirada de bertorella, nin tan sequera pelar patacas. Cociñan as risas que lle arrincan ao público, que asiste enganado, ás veces mesmo obrigado (todos temos compromisos ineludibles) á representación. Dous xeitos de cociñar diferentes: o da cociña económica, onde non se aforra nada e onde se practica a liberalidade absoluta cos ingredientes e o da cociña KaKofónica onde postos a aforrar, aforran ata nas vocais das palabras coas que explican a receita. Sinopse de Cociña Económica Sketch no que se recrea un plató de Televisión onde se está a gravar un programa de cociña. Trátase de reproducir o esquema que se segue en tantos programas nos que un cociñeiro de gran prestixio presenta á audiencia (que seguindo a estela destes programas se supón maioritariamente feminino) unha receita de execución simple e custo reducido. Neste programa Cociña Económica realízanse pratos de cociña internacional utilizando, exclusivamente, detritus extraídos de colectores, pois o lema do programa é: Todo se come. Nada se Tira. Cociña Kkofónica Alfonso Kkamo, seguindo a estela doutros moitos escritores galegos (aos que non imos nomear para non facerlle propaganda gratuíta e que despois ingresen beneficios multimillonarios os da SGAE) por non chorar púxose a escribir e escribindo-escribindo inspirou esta nova achega de Mofa e Befa á cociña. Por agora presentamos tres receitas e que son: Percebes en prebe de esqueletes de reses, Lombo do porco ó modo ostrogodo, con polbo, chocos, ollomol con noz, polo, ovos, todo con mosto e Gran asada. Nun lugar que non daremos a coñecer temos pechado a Kkmo para que escriba outras dúas para completar este recetario do aeiou. E como primicia absoluta diremos que esas receitas se chamarán: Difícil Pil-Pil e Ñu cru Non molesten ao autor! Está creando para todos. E algún día Mofa e Befa farán estrea mundial desas novas contribucións á gastronomía universal. Para acompañar o lacón con grelos, o caldo, e a empanada de zamburiñas, Galiza, sempre boa e xenerosa, non para de ofrecer novos pratos que enriquezan o triste panorama que o monopolio gabacho coas súas natas tiña establecido sobre os restaurantes de 5 garfos.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Mofa_e_Befa
Será o venres 12 as 23 horas. Os prezos 8 euros normal e 4 para socios.
PROXIMAS ACTUACIONS
MUCHO MUCHACHO HIP HOP IBIZA 19-3-10
FRED MARTINS BRASIL 20-3-10
MARYLAND INDIE - POWER POP VIGO-O PORRIÑO 9-4-10
LA BROCHA SQUAD + YSLEM HIJO DEL DESIERTO SAHARA - O PORRIÑO 16-4-10
JEREZ TEXAS FLAMENCO JAZZ VALENCIA 17-4-10
YONI MEDIOGRAMO HUMOR SALVAXE 23-4-10
A TUNA RASTAFARI VERBENA SON 30-4-10
PRESSING BRAS MOS BANDA NEW ORLEANS 1-5-10

Sem comentários:
Enviar um comentário