ACTUACIONS DE MIGUEL CANTILO + MONICA E CUCHUS PIMENTEL
O venres o pai do rock e da canción de autor da Arxentina Miguel Cantilo. Xunto con outros cantautores como León Gieco e Roque Narvaja, Miguel Cantilo liderou na Arxentina o movemento da canción de compromiso. É, hoxe en día, un dos poucos autores e intérpretes xurdidos a finais dos anos 60, cuxo poder de convocatoria e ascendencia sobre os seus compatriotas está á par do doutros máis coñecidos en Europa como son Fito Páez ou Andrés Calamaro. O seu emprego do idioma na canción inspirou a moitos dos cantautores arxentinos de novo cuño, e a súa aplicación de estruturas musicais claramente extraídas do tango e do folclore riopratense ao ámbito do rock, transformaron a ata entón conformista concepción do canto moderno en Arxentina e Uruguai. Durante os seus case corenta anos de profesión Cantilo leva publicado, como integrante do dúo Pedro & Pablo, do grupo Punch ou en solitario, vintecatro discos. É autor de máis dunha ducia de éxitos que teñen marcado fitos na historia da música popular do seu país e de Sudamérica. Entre eles destacan La Marcha de la Bronca, elixida pola revista Rolling Stone no ano 2007 como a mellor canción de protesta, Yo Vivo en esta Ciudad, ¿Dónde Va la Gente Cuando Llueve?, Apremios Ilegales, A Donde Quiera Que Voy, ou La Gente del Futuro, por mencionar só uns poucos. O seu último traballo discográfico titúlase Consciencia, e o anterior, Clásicos, unha recompilación dos temas máis emblemáticos da súa traxectoria co dúo Pedro & Pablo. Este disco, que conta con participacións estelares como a de Andrés Calamaro interpretando Che Ciruja, con El niño Josele á guitarra e Javier Limón como produtor en dito tema, ao igual que as intervencións doutros grandes do rock arxentino como Charly García e León Gieco. www.myspace.com/miguelcantilo. www.miguelcantilo.com.ar. Será o venres 22 as 23 horas. Os prezos 10 euros normal e 5 para socios.
E o sábado despois de moitos anos volta con nos Cuchus Pimentel acompañado pola voz marabillosa de Mónica. Mónica comeza na música dende cativa pero cando toma contacto realmente co mundo do flamenco é cantando en academias de baile e diversos espectáculos en Madrid. Destaca a colaboración como compositora e intérprete da obra Soñando Agüita dirixida por Diana Gascón en Madrid e Valencia no ano 2002. Máis tarde volve a Vigo onde coñece ao guitarrista Cuchús Pimentel co que, ademais de profundizar no flamenco, colabora en distintos proxectos e concertos. Na actualidade preséntanse como solista acompañada por guitarra, cun repertorio formado por unha parte de cante clásico e por outra de temas máis actuais ademais dalgunhas versións. A aportación dun guitarrista tan completo e cunha experiencia tan dilatada como Cuchús Pimentel antollase imprescindible, un artista que ten experiencia tanto na faceta de solista ou director de combos como na de acompañante de cante e baile, xa sexa en tablaos ou en compañías; en espectáculos e festivais de todo tipo (flamenco, teatro, danza, ópera,...) tendo acompañado a artistas do máis diverso, dende Isabel Pantoja ata Los Piratas, pasando por cantaores como El Falo ou Paco del Pozo... Na actualidade, logo dun tempo traballando na compañía Los Vivancos, traballa en proxectos propios e na gravación do seu próximo disco. www.myspace.com/cuchuspimentel. Será o sábado 23 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

Sem comentários:
Enviar um comentário