NOVA PROGRAMACION BAR LICEUM XANEIRO E FEBREIRO 2.010
Benquerid@samig@s:
Aquí estamos un ano mais para presentarvos unha nova programación que comeza o venres 15 de Xaneiro e remata o venres 26 de Febreiro. Como sempre moita variedade: contacontos, rock, flamenco, pop, blues e moitas procedencias Arxentina, Alemania, outras mais próximas como Ponteareas, Redondela e resto de Galiza e que nunca falte alguén desta canteira intensa de músicos da Louriña.“Yo una vez le pregunté a un gallego si subía o bajaba y me dijo que a mi qué cojones me importaba. Ese no era muy gallego, pa mi que había viajado algo porque si no, no me contesta así. El gallego puro, si le preguntas te responde "Nu sé" y se encoge de hombros. Esta cita só pode vir do turista madrileño, unha das personaxes televisivas máis necias nunca vistas, interpretado maxistralmente por Evaristo Calvo, é unha creación de Zopilotes, trío composto polos guionistas Andrés Mahía, Carlos Ares "Parrocho" e Xosé Castro "Pato", artífices de Air Galicia, programa de humor emitido durante varias tempadas na Televisión de Galicia e gañador do Premio Mestre Máteo á mellor serie do audiovisual galego en 2008. Tras percorrer a xeografía galega en cromas imposibles, o turista madrileño regresa co seu característico polo rosa, faldriqueira e gorra de España, para mostrar a súa particular visión do pobo galego polos cafés, pubs e salas de toda Galicia (e alá onde queiran escoitalo, claro está, pois como bo orador sempre ten algo que dicir, aínda que non teña idea de nada). Evaristo Calvo inicia a súa actividade como actor profesional no ano 1988. Desde entón compaxina os traballos de actor, tanto no teatro como no cine e na televisión, cos de autor e director de escena no teatro, e os de guionista de televisión. Cofunda con outros profesionais as compañías Ollomol Teatro Submarino, Ollomol Tranvía e Mofa & Befa. Participa como actor en máis de trinta espectáculos entre os que destacan; O ano do cometa e O incerto señor don Hamlet, Commedia e O rei nu, Anxeliños polo que recibiu o premio María Casares, Finismundi Circus entre outros de Mofa & Befa. Na TV participa en programas de humor como Air Galicia, en series como Pratos Combinados e en formatos infantís como Xabarin Club. Agora, Evaristo Calvo volve internarse na complexa personalidade desta indesexable personaxe, compaxinándoo con Shakespeare para ignorantes, o novo e exitoso espectáculo de Mofa & Befa .Será o venres 15 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal e 3 para sociosNa semana seguinte actuación por partida dobre o venres o pai do rock e da canción de autor da Arxentina Miguel Cantilo. Xunto con outros cantautores como León Gieco e Roque Narvaja, Miguel Cantilo liderou na Arxentina o movemento da “canción de compromiso. É, hoxe en día, un dos poucos autores e intérpretes xurdidos a finais dos anos 60, cuxo poder de convocatoria e ascendencia sobre os seus compatriotas está á par do doutros máis coñecidos en Europa como son Fito Páez ou Andrés Calamaro. O seu emprego do idioma na canción inspirou a moitos dos cantautores arxentinos de novo cuño, e a súa aplicación de estruturas musicais claramente extraídas do tango e do folclore riopratense ao ámbito do rock, transformaron a ata entón conformista concepción do canto moderno en Arxentina e Uruguai. Durante os seus case corenta anos de profesión Cantilo leva publicado, como integrante do dúo Pedro & Pablo, do grupo Punch ou en solitario, vintecatro discos. É autor de máis dunha ducia de éxitos que teñen marcado fitos na historia da música popular do seu país e de Sudamérica. Entre eles destacan La Marcha de la Bronca, elixida pola revista Rolling Stone no ano 2007 como a mellor canción de protesta, Yo Vivo en esta Ciudad, ¿Dónde Va la Gente Cuando Llueve?, Apremios Ilegales, A Donde Quiera Que Voy, ou La Gente del Futuro, por mencionar só uns poucos. O seu último traballo discográfico titúlase Consciencia, e o anterior, Clásicos, unha recompilación dos temas máis emblemáticos da súa traxectoria co dúo Pedro & Pablo. Este disco, que conta con participacións estelares como a de Andrés Calamaro interpretando Che Ciruja, con “El niño Josele á guitarra e Javier Limón como produtor en dito tema, ao igual que as intervencións doutros grandes do rock arxentino como Charly García e León Gieco. www.myspace.com/miguelcantilo. www.miguelcantilo.com.ar. Será o venres 22 as 23 horas. Os prezos 10 euros normal e 5 para socios. E o sábado despois de moitos anos volta con nos Cuchus Pimentel acompañado pola voz marabillosa de Mónica. Mónica comeza na música dende cativa pero cando toma contacto realmente co mundo do flamenco é cantando en academias de baile e diversos espectáculos en Madrid. Destaca a colaboración como compositora e intérprete da obra Soñando Agüita dirixida por Diana Gascón en Madrid e Valencia no ano 2002. Máis tarde volve a Vigo onde coñece ao guitarrista Cuchús Pimentel co que, ademais de profundizar no flamenco, colabora en distintos proxectos e concertos. Na actualidade preséntanse como solista acompañada por guitarra, cun repertorio formado por unha parte de cante clásico e por outra de temas máis actuais ademais dalgunhas versións. A aportación dun guitarrista tan completo e cunha experiencia tan dilatada como Cuchús Pimentel antollase imprescindible, un artista que ten experiencia tanto na faceta de solista ou director de combos como na de acompañante de cante e baile, xa sexa en tablaos ou en compañías; en espectáculos e festivais de todo tipo (flamenco, teatro, danza, ópera,...) tendo acompañado a artistas do máis diverso, dende Isabel Pantoja ata Los Piratas, pasando por cantaores como El Falo ou Paco del Pozo... Na actualidade, logo dun tempo traballando na compañía Los Vivancos, traballa en proxectos propios e na gravación do seu próximo disco. www.myspace.com/cuchuspimentel. Será o sábado 23 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.A semana seguinte o venres Bruno T. Ford. É xa coñecido na escena galega como cantante, guitarrista e líder da banda alemá Río Bravo (este conxunto ofreceu a súa descarga de rock&roll ao longo de sete densas xiras galegas, tocando desde no local máis pequeno ata no mesmo peche de festivais como o Cultura Quente de Caldas). Trala, polo momento, disolución de Río Bravo, Bruno fica en Pontevedra e estrea o formato acústico, unha proposta musicalmente máis achegada ao seu segundo proxecto na Alemaña: The Ford Broncos, e comeza a percorrer de novo o circuíto galego demostrando que ben pode seguir a súa descarga de enerxía e bo facer sen precisar apenas de envoltorios instrumentais. Defende o espectáculo só coa súa guitarra acústica e con Miguel de la Cierva coa guitarra eléctrica e o pedal steel guitar. O seu concerto é unha mestura de versións de temas clásicos do Rock&Roll, Pop e Country, e as súas composicións. www.myspace.com/brunotford. Será o venres 29 as 23 horas. Os prezos 4 euros normal, 3 anticipada e 2 para socios.E o sábado Retroblues este grupo redondelán leva dende o ano 2003 tocando todos os clásicos do Blues, Rythm&Blues e Rock&Roll polas salas galegas. Cunha única maqueta autoproducida están á espera de sacar o seu primeiro traballo discográfico. Os integrantes son: Jorge Álvarez (baixo), Juan Álvarez (guitarra e voz), Lucho Vilas (batería) e Bernardo Lago (trompeta). www.myspace.com/retrobluesbanda. Será o sábado 30as 23 horas. Os prezos 3 euros normal e 1,5 para socios.A semana seguinte despois de varios anos sen estar no Liceum volta Cándido Pazo cun novo espectáculo Historias e histerias un monólogo cómico que non se sabe como empeza e moito menos como acaba. Cándido Pazó é un asiduo dos locais onde se programan todo tipo de espectáculos orais: historias, contos, humor, monólogos, narracións... Presente en numerosos eventos e festivais internacionais de oralidade, foi seleccionado polo Fórum Barcelona 2004 para o seu espazo dedicado á oralidade. Ten actuado como narrador oral e impartiu seminarios sobre a materia, para distintas universidades (Santiago; Vigo; Coímbra; Salamanca, Autónoma e Central de Barcelona...). A súa presenza escénica como conteiro está influída polo seu oficio teatral, nun estilo que vai desde o xograresco ao máis coloquial, procurando o equilibrio entre o culto e o popular, cunha marcada tendencia á improvisación e á digresión, o que lle permite axeitarse ás circunstancias concretas de cada público e situación. É autor da maior parte das súas historias (inda que tamén as recolle da tradición e da literatura) e ten querenza polo chamado conto tabernario ou de tertulia enfiados de anécdotas, sucesos e personaxes dos que demostran que a realidade supera á ficción. Actor, autor teatral, guionista de series televisivas e director de escena con numerosos espectáculos estreados e premiados, entre os que destacan varios premios María Casares e varios Premios Max de Teatro. Será o venres 5 de Febreiro as 23 horas. Os prezos 6 euros normal e 3 para socios.E despois duns carnavais marabillosos que esperamos que unha vez mais celebredes con nos, representación da nosa canteira de músicos, volta un ano mais a estar con nos Baldosa Amarilla Soben por vez primeira a un escenario no festival universitario Leonardo Da Vinci no ano 2006, percorren varios festivais e pechan o ano cunha manchea de versións e cancións propias con boa aceptación entre o público. Ao longo do 2007 empezan a definir un son propio, Pop Rock Alternativo con letras en castelán. Ese ano remata coa súa primeira maqueta chamada Palabra Exacta, gravación chea de boas ideas que acada as 30000 visitas de MySpace nun só ano de vida. Nos comezos do 2008 gravan o seu primeiro videoclip Laberinto que foi presentado en numerosos festivais tales como o Festival de Cans ou o Brincadeira 08. Durante este ano, acomódanse na escena local ofrecendo concertos espallados por todo o país e norte de Portugal. Ese ano culmina cunha nominación a "Mellor maqueta" nos premios Maketón Estrella Galicia. No 2009 presentan o seu último traballo, un EP autoproducido que leva por nome Alquimia. Neste EP demóstrase a evolución dun conxunto que segue a madurar, tentando abrirse a un meirande público. www.myspace.com/baldosamarilla. www.baldosaamarilla.com. Será o venres 19 de Febreiro as 23 horas. Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2,5 para socios.E o sábado dende Ponteareas os herdeiros daqueles marabillosos O Caimán do Río Tea, moitos aínda seguen na lavadora, no noso escenario Capitán Furilo. Rock é o seu primeiro traballo discográfico de, un disco no que se confirma a evolución sonora do grupo e que recolle a enerxía do directo desta banda. Once cancións directas, inmediatas e cheas de luz. A banda debuta na Iguana no 2007 e son finalistas no primeiro concurso N´saio (organizado pola Consellería de Xuventude), que terá como consecuencia a participación nun disco colectivo con todos os finalistas do concurso. Editan, ese mesmo ano, unha maqueta de catro temas, e participan en proxectos de música feita en galego, cunha clara filosofía de difusión libre, como o disco recompilatorio Escolma ou plataformas da rede como Komunikando ou A Regueifa. No 2008, autoeditan POP?, un Cd gravado nos Estudios Océano de Nigrán coa complicidade de Javier Abreu e Gabriel Reigosa. Cinco temas que saben a pouco pero que achegan unha nova sensibilidade á hora de facer cancións pop en galego. POP? é elixida entre as mellores maquetas do 2008 pola revista Mondosonoro o que certifica a maioría de idade do grupo. www.myspace.com/capitanfurilo. www.capitanfurilo.com. Será o sábado 20 de Febreiro as 23 horas. Os prezos 4 euros normal, 3 anticipada e 2 para socios.E xa para rematar un autentico luxazo na nosa sala Sergio Makaroff Nacido en Arxentina, descubriu simultaneamente os mundos da música pop, a moda e as mozas. Con pouco máis de 18 anos foi elixido para ser un dos protagonistas da comedia musical Hair, coa que alcanzou o número un das recadacións teatrais. Co seu irmán Eduardo actuou como teloneiro do grupo Sui Generis, de Charly García, de quen Sergio era asistente. Pouco despois gravaron, con Charly e a plana maior dos rockeiros arxentinos, o lexendario Rock del Ascensor. Los Hermanos Makaroff convertéronse nun quinteto eléctrico e Sergio deixou a guitarra para concentrarse na música, a moda e as mozas. Nesta época a situación arxentina estábase deteriorando a pasos axigantados. En 1978 Sergio decidiu emigrar a España, onde os seus amigos Ariel Rot e Alejo Stivel formaron Tequila e triunfaban por todo o alto. No repertorio do mítico grupo estaban o Rock del Ascensor e outro par de temas compostos por Sergio Makaroff. A través destes contactos españois conseguiu un contrato con Epic e gravou o seu primeiro álbum como solista, Tengo una idea. Pasou de Madrid a Barcelona a finais do ’78 e aí segue ata hoxe. O seu primeiro grupo de acompañamento era o núcleo dos que logo serían Los Rápidos, Los Burros e El Último de la Fila.. En 1986 gravou o seu segundo álbum, La buena vida, coproducido con Ariel Rot. Logo dunha década apartado da música, no 96 publica o álbum Un hombre feo, (onde colaboran Ariel Rot, Alejo Stivel e Andrés Calamaro), cunha grande repercusión do single Tranqui tronqui,. No 98 aparece Rico y famoso, producido por Ariel Rot e coa participación de Andrés Calamaro e Fito Páez . No quinto disco, Makaroff (2002), aos colaboradores habituais súmase Jorge Drexler, o uruguaio universal. Makaroff segue adiante, impertérrito, compoñendo e cantando as súas frescas e intelixentes pezas de burbuxeante pop-rock como se nada. Despois de seis anos de silencio discográfico (nos cales fixo de todo, desde colaborar con Andreu Buenafuente ata escribir en multitude de medios escritos), volve con Número Uno. Sergio sempre está compoñendo cancións para si e para outros. As súas cancións teñen sido gravadas por Tequila, Los Rodríguez, Ariel Rot, Andrés Calamaro, Azúcar Moreno, Manolo Tena, www.myspace.com/sergiomakaroff www.sergiomakaroff.com .Será o venres 26 de Febreiro as 23 horas. Os prezos 4 euros normal, 3 anticipada e 2 para socios. Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persoa en habitación individual ou por 30 persoa en habitación dobre ofrecémoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e café,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumición no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaría e farémoste un rápido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.Dicirvos que o resto da semana o Liceum aspira a ser o voso lugar de encontro e temos actividades diversas como clases de Bailes de Salón os xoves ou clases de danza do ventre os luns.
Unha aperta moi grande.
Paco Quintas

Sem comentários:
Enviar um comentário