Notícias de Bar Liceum

ACTUACION SUGAR MOUNTAIN

O proximo venres voltan Sugar Mountain Desde a publicación do seu anterior disco In The Raw, que colleitou inmellorables críticas de toda a prensa especializada, pasaron xa tres anos e Sugar Mountain presentan o seu terceiro álbum: Love unique. Un traballo que promete ser unha nova volta de rosca na súa evolución estilística cara a un rock'n'roll cada día máis persoal. Baixo a supervisión dun tándem de luxo (Ken Coomer / Charlie Brocco) á produción os Sugar Mountain procuran dar un salto cualitativo. Ken Coomer, formou parte de grupos da talla de Wilco ou Uncle Tupelo e ten un impresionante currículo como produtor de artistas como Steve Earle, Will Hoge ou Chetes. O enxeñeiro de son Charlie Brocco foi responsable de discos de Fleetwood Mac, George Harrison ou Jeff Lyne. Javier Ruano (voz e guitarra), Yago Carreño (guitarra), Isaac Campos (teclado), Rubén Álvarez (baixo) e Iván Trigo (batería) percorrerán de novo a xeografía española presentando un traballo que promete sorprender a máis dun. Atrás queda, alá polo 2004, despois de compartir escenario con bandas como The Georgia Satellites, Drive-By Truckers, The Bellrays ou Diamond Dogs, o seu primeiro longa duración, Hand Crafted Tunes. Que colleitara inmellorables críticas en toda a prensa especializada, permíitíndolles tocar por todo o estado, así como en Alemaña, Portugal e a República Checa. E posteriormente In The Raw, o su esperado segundo álbum, publicado simultáneamente en España (Good Sounds) e nos Estados Unidos (Brewery Records) i é novamente aclamado por público e crítica. www.sugar-mountain.net. www.myspace.com/sugarmountainmusic.

Sem comentários:

Enviar um comentário