Notícias de Bar Liceum

ACTUACION JAMILA PURO FILIN

E o sabado Jamila é de La Habana: naceu no barrio La Víbora. Coñeceu a través dos seus pais e veciños o filin dunha maneira natural. Ao seu pai gústalle La Nueva Trova e a súa nai parécese a Elena Burke, mentres as veciñas escoitan aparvadas a eléctrica voz do bolerista Vicentico Valdés. Jamila é a voz de Purofilin, xunto con Alejandro Luzardo en guitarrra e arranxos. Atrás quedan dez anos de carreira musical e máis de cincocentos concertos realizados, entre os que se poden salientar os seguintes: o Festigal, Voces en Femení, Festival Internacional de Música y Danza de Granada, Festival de Jazz de Ezcaray,... Jamila produciu o seu primeiro disco publicado no 1999 co título Jamila Puro Filin. Saudade do Machín é o espectáculo. Antonio Lugo Machín (Sagua la Grande 11/02/1903, Madrid 4/08/1977) comezou a rodar polo mundo tras dun soño musical. E acadouno. Como di o refrán ninguén é profeta na súa terra e no caso de Machín cúmprese porque el negrito Machín aínda non é lembrado en Cuba, a súa illla natal. España viuno triunfar e vivir. Os boleros, guarachas, sons e demáis pezas interpretadas por Machín, hoxe soan indelebles e lembralas provoca nostalxia por unha época que, non por difícil resulta menos entrañable. El, coa súa voz e a súa cadencia alegrou unha época gris que pouco a pouco foi enchéndose de cor e esperanza. www.myspace.com/jamilapfilin Sera o sabado 21 as 23 horas Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

Sem comentários:

Enviar um comentário