O Parlamento Europeo reclama un fondo específico de 600 millóns para o sector lácteo
Escrito por Redacción
viernes, 18 de septiembre de 2009
A Eurocámara pediu á Comisión Europea a creación dun fondo comunitario específico de 600 millóns de euros para axudar as organizacións de produtoras e cooperativas leiteiras a modernizar os seus equipos. Nunha resolución sobre os problemas do sector lácteo, os eurodeputados constatan que as medidas comunitarias adoptadas ata o momento resultan insuficientes para solucionar os problemas dos produtores. Por iso, esixen ao Executivo comunitario máis accións a medio e longo prazo, así como medidas concretas para afrontar a crise.(...)
http://www.apeneira.com/dixital/content/view/916/289/
Sem comentários:
Enviar um comentário