Este venres o concerto que tivemos que suspender na programacion anterior por accidente dun dos seus membros O sonoro Maxin. Comezar de novo e camiñar a modo, inventando o camiño... Esta é a consigna da que parte O Sonoro Maxín con convencemento. Sabendo que a creatividade é imaxinación e que para crear hai que camiñar, cóntannos como todo ten unha onda sonora que nos fai mover e actuar con toda a forza do corazón, unha onda que transmite directamente de peito a peito, sen intermediarios. Ésa é a máquina sonora, a imaxinación sonora.Neste afán de camiño continuo O Sonoro Maxín anda á procura dun baile sen fin, dunha máquina creativa que nos faga mover ao ritmo da onda que marca. E para iso apelan á verbena e á cumbia, a soberana absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. Esta máquina sonora, este camiñar imaxinativo vai dende a cumbia á rumba, dende o reggae ao ska, actualizando a verbena e traéndoa até a fusión musical do s. XXI.Volve a imaxinación, volve a máquina, volve a onda sonora que camiña sen fin...Bailar de novo, cantar de novo e sorrir de novo co Sonoro Maxín. Sera o venres 19 as 23 horas Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com , da paxina de Clubtura (asociacion de locais de musica ao vivo) http://www.clubtura.org ou da sua www.myspace.com/osonoromaxin www.osonoromaxin.com.
Como sempre recordarvos a nosa campaña de socios, ser socio do Liceum costa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na vosa casa de todas as nosas actividades,... e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Facendote socio colaboras da mellor forma posibel co noso proxecto cultural Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persona en habitacion individual ou por 30 persona en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum.

Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.
Unha aperta moi grande.
Paco Quintas
Contactos:
Paco Quintas: 986-330022
Bar 670-016754
E-mail: oquequeiras@barliceum.com
Paxina web: http://www.barliceum.com
Paxina web Clubtura (asociacion de locais de musica de Galiza): http://www.clubtura.org
Sem comentários:
Enviar um comentário