Este martes e outro ano máis, unha vez rematado o Festival de Curtas de Cans, o Bar Liceum será escenario da proxección das curtas gañadoras da edición deste ano do Festival. É unha cita obrigada para tód@l@s amantes do cine, e máis concretamente das curtametraxes. www.festivaldecans.com. Sera o martes 26 as 22 horas. Os prezos 2 euros normal e gratis para socios.
E o fin de semana voltamos a ter doble actuacion o venres Vilma y los Señores: se Chavela Vargas fora a Noiva Cadáver. Ten gorxa de lixa, e olliños de lagartixa. Logo hai que pórlle un toque de cabaré, outro pouco de deserto, outro de tequila, outro lixeiramente de tango, moita perplexidade ante a vida e algunha furtiva bágoa. Unha voz ultraexpresiva, unhas letras tan doentes como misteriosas e un envoltorio musical sobrio pero terroso, fráxil pero moi carnoso: póñeno Ricardo Moreno (ex-Ronaldos) á percusión, e David Gwynn, maxistral coa guitarra.Para que nos entendamos, é canción adulta tocada como con aire de rancheira, como nun aramio, pura artesanía. Vilma soa a vella, a ron vello, a garganta rota, e as letras son auténticos poemas ortopédicos, entre o humor negro e certa postración ante o que poida vir ao final. E o que vén ao final xa se sabe o que é. Eles, os Señores, envolven con sutileza e moita intelixencia toda esa rugosa fraxilidade, pero iso non é noticia: son músicos profesionais que levan participado en bandas como os Ronaldos, Marlango, Quique Gonzalez, que veñen a presentarnos un excelente disco con colaboracions de Mastretta e Pablo Novoa entre outros. www.myspace.com/vilmaylossenores. www.vilmaylosseñores.es. Sera o venres 29 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios
E o sabado por primeira vez no Porriño o folk de Tarxa. Nace no ano 1984 no seno da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "Monte da Mina" de Castrelos o 14 de Febreiro coa intención de facer música popular galega, recollida dos cánticos tradicionais e do amplo cancioneiro de diversos poetas galegos, entre outros Rosalía, Celso E. Ferreiro, Eduardo Pondal e Lamas Carvajal e Canción Popular. O grupo componse actualmente de nove membros que nas súas actuacións empregan diversos instrumentos musicais, sobre todo guitarras, laúde, frauta, pandeiro, pandeireta, ... Entre as actuacións máis destacadas do grupo encóntranse as realizadas na Festa Labrega de Lancara (Lugo), en Homenaxe ó Vello Mariñeiro de Marín, na Festa do Viño do Condado de Salvaterra, no Ateneo de Combarro, no Festival para a Integración do Minusválido (AISGA), no pobo de Castelo (Chantada), no programa de TVG, LUAR, así coma noutras ó longo do noso país. En Maio do ano 2001, participa nun certame de folk en Aveiro (Portugal). Tamén cabe destacar as actuacións no auditorio de Baiona, Riveira (Coruña), etc. www.unaplauso.com/grupo-folk-tarxa_av34a886.html. Sera o sabado 30 as 23 horas. Os prezos 5 euros e 2,5 para socios.
Como sempre recordarvos a nosa campaña de socios, ser socio do Liceum costa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na vosa casa de todas as nosas actividades,... e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Facendote socio colaboras da mellor forma posibel co noso proxecto cultural
Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persona en habitacion individual ou por 30 persona en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.
Unha aperta moi grande.
Paco Quintas: 986-330022 Bar 670-016754 Telemóbel
E-mail: oquequeiras@barliceum.com
Paxina web: http://www.barliceum.com
Sem comentários:
Enviar um comentário