Benquerid@samig@s:
Este venres Guezos nace en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. O seu primeiro traballo aparece un ano despois en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional do que se chegarían a vender máis de 1.000 copias. Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ao directo. Deste xeito percorre unha boa parte da xeografía galega e entra en contacto directo con outras bandas de inquedanzas semellantes. Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004, Terradentro. Un disco máis contundente e experimental no que queda patente a súa continua procura dunha identidade propia. Este último traballo abriríalle as portas en festivais de tanta sona como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, a Noite do Trasno, o Folkardente ou o Festival Folk de Vilariño, compartindo escenario con Mercedes Peón, Os Cempés, Susana Seivane, Lamatumbá, etc. O 2006 será un ano importante para a banda, que contará co apoio dun público que fará do seu tema "A das Festas" o máis votado no concurso da RTVG "A Polo Ghit". Guezos chega ata o día de hoxe cun directo máis enérxico, ledo e contundente que nunca, no que ritmos como o rock, a rumba, o ska ou o funk se misturan á perfección co folk. No concertó do Liceum farán a presentación do seu novo disco. Guezos presenta agora o seu último traballo Oito Destinos. Un disco que invita a percorrer cada unha das oitos rutas que a banda trazou na procura dunha identidade musical propia. Un traballo heteroxéneo de contido e homoxéneo en intención, que reflexa perfectamente á realidade musical do grupo, recollendo as influencias e a traxectoria musical de cada un dos seus compoñentes. Oito Destinos é, en definitiva, un disco para bailar e disfrutar escoitando dunha gran variedade de ritmos e no que tras cada pausa o vento pode soprar en calquera dirección para levarnos ó lugar máis inesperado. Con este disco baixo o brazo, a banda comeza a temporada desexosa de amosar o seu mellor directo, un espectáculo renovado máis enérxico, ledo e contundente que nunca no que ritmos como o rock, a rumba, o ska ou o funk se misturan á perfección co folk. Sera o venres 3 de Abril as 23 horas. Os prezos 3 euros normal e 1,5 para socios.
Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com , da paxina de Clubtura (asociacion de locais de musica ao vivo) http://www.clubtura.org ou da sua www.myspace.com/guezos www.guezos.com
Antes de despedirme quixera recordarvos que co novo ano comenza unha nova campaña de socios, ser socio do Liceum costa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na sua casa de todas as nosas actividades,... e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Facendote socio colaboras da mellor forma posibel co noso proxecto cultural
Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persona en habitacion individual ou por 30 persona en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.
Unha aperta moi grande.
Paco Quintas
Contactos:
Paco Quintas: 986-330022 Bar 670-016754 Telemóbel
E-mail: oquequeiras@barliceum.com
Paxina web: http://www.barliceum.com

Sem comentários:
Enviar um comentário