Notícias de Bar Liceum

PROXIMA ACTUACION DENDE CUBA O SEPTETO SANTIAGUERO

Ibamos a despedirnos deica Outono con Carlos pero hai oportunidades que non podemos deixar pasar e esta e unha delas dende Cuba imos a ter con nos ao Septeto Santiaguero os auténticos herdeiros de La Vieja Trova Santiaguera que e probablemente a actuación mais recordada da historia do Liceum. Estarán de xira en Europa dende o 3 de xullo próximo e son un dos cumes da música tradicional no Santiago de Cuba actual. O concerto no Liceum será practicamente a única posibilidade de mirar en terras galegas a estes herdeiros de La Vieja Trova Santiaguera (coa que, curiosamente, comparten manager). Posúen un directo arroiador e ninguén se atreve a cuestionar a súa hexemonía nos escenarios do mundo. Contan coa vantaxe de levar na súa formación a tres cantantes solistas o que lle permite unha grande variedade de recursos vocais. A maioría dos membros compoñen, de xeito que o repertorio está formado en grande parte por material propio. O seu forte é a guaracha, sempre alegre, un pouco picante e cuns montunos que a fan irresistible ao baile. Nos cinco discos publicados apréciase unha evolución clara, cada vez máis temas orixinais e cada vez un son e un desenvolvemento das cancións máis preto do directo. Se no primeiro CD había 4 cancións inéditas, no último, Los mangos bajitos, hai 15, todas. O directo do Septeto Santiaguero é impresionante, en cada actuación fan gala da súa calidade a proba de subxectividades, as súas entregas, aínda defendendo a cubanía a ultranza, son sobre a base do respecto ao bo gusto universal. Posúen o mérito insuperable de conseguir crear unha empatía en extremo cálida co publico en todos e cada un dos escenarios nos que se levan presentado. O seu repertorio é un percorrido por diferentes vertentes da música popular cubana, con énfase no tradicional. Traballan dende un sentido ben persoal obras de autores clásicos da música cubana como Miguel Matamoros e Ñico Saquito, así como de contemporáneos entre os que se inclúen integrantes da agrupación. Son, guaracha, changüí, bolero e bolero-son conforman a base de xéneros. Elegantes, cunha presenza escénica única, as súas coreografías son imitadas por grupos latinos dende Colombia a Miami. Tras quince anos nos circuitos de Europa e América, teñenn deixado de ser "los nietos" de Buena Vista Social Club para situarse nunha posición máis cercana aos Blues Brothers do son.

http://www.myspace.com/jlpcubanmusic

http://www.onvibes.com/septetosantiaguero


Sera o venres 9 de Xullo as 23h00. O precio 15 euros e 7,5 para socion.

Sem comentários:

Enviar um comentário