Notícias de Bar Liceum

CARLOS BLANCO NO LICEUM

E que mellor para rematar esta programación e deixarvos cun bo sabor de boca e a risa nos labios que Carlos Blanco, desta vez e para tentar que ninguén se quede sen entrada terémolo o venres e o sábado. Carlos volve ao Bar Liceum pero desta volta non volve só. Vén acompañado dun talentoso artista brasileiro: Sérgio Tannus que a súa vez ven en formación de trío. Entrambos ofrecerán unha actuación novidosa que será un adianto do seu próximo espectáculo, un traballo que, de seguro non deixará indiferente a ninguén, como xa é habitual en Carlos. O seu último traballo é un monólogo titulado Só, que xira arredor do camiño de Santiago e das ocorrencias deste brillante contador de historias. Carlos Blanco ten traballado en Teatro, Cine, Televisión e Radio. Nos últimos anos vén desenvolvendo unha actividade continuada como Narrador Oral tanto na Galiza como en toda España ( Madrid, Barcelona, Zamora, Salamanca ou Avila ), así como en Polonia, Holanda, Alemaña ou Portugal. Pouco se pode engadir dun artista como Carlos Blanco máis que foi quen de traballar con directores do prestixio de Pedro Almodóvar, Gerardo Herrero ou o propio Antón Reixa, e que compartiu set de rodaxe, escenario e plató con actores e actrices de prestixio mundial. Por outra banda, Sérgio Tannus é un dos máis completos artistas da safra musical brasileira. Virtuoso en instrumentos variados, como guitarra clásica, guitarra eléctrica, baixo, cavaquinho, ... comezou a tocar dende cedo. Ten actuado en espazos de grande repercusión no Brasil e no mundo. No Brasil Tannus tamén estivo presente, como músico e arranxador, en varios e importantes concertos televisivos, na abertura do show de Gilberto Gil, ademais de facer parte de proxectos xunto a artistas contemporáneos como Suely Mesquita, Lilian França, Chico Cezar, etc.

http://www.myspace.com/sergiotannus

http://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Blanco_(actor)
http://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_Blanco_(actor)

Será o venres 25 e o sábado 26 de Xuño as 23h30 horas. Os prezos 10 euros normal e 5 para socios.

Sem comentários:

Enviar um comentário