TELMA Y LOS LUISES
O proximo venres con Isaac Palacin a batería Telma y los Luises. Son catro amigos de moi diferentes traxectorias musicais (rock, folk, jazz...). Hai dous anos decidiron comezar a tocar xuntos co desexo de darlle un toque persoal a temas clásicos de todos os tempos. Revisións de temas rock desde os oitenta até hoxe, desde Police a Sheryl Crow, dos Mike Jagger a Hole, de Bonnie Raitt a Lenny Kravitz, e todos baixo a peneira da súa visión persoal. Aos poucos incluíndo algunhas cancións propias. Os seus integrantes son: Laura Arbiol, voz e guitarra. Cursou estudos na Aula de Jazz de Barcelona a principios dos 80. Formou parte de diversos grupos de Rock a finais dos 80 e principios dos 90. Trasládase á Galiza tocando en varias formacións e colaborando co estudio Casa de tolos e a discográfica Pai Música tanto a nivel artístico como promotora musical. Actualmente socia e promotora na sala de concertos Clandestino. Marta Rodés, guitarra e coros. Estudou no Taller de músicos de Barcelona e ao longo dos 80 estivo en diversas formacións do rock catalán. A principios dos 90 trasládase á Galiza e segue tocando en diferentes formacións. Pepe Bordallo, baixo. Veterano na escena musical galega desde os 60 ata hoxe. Comezando a súa traxectoria musical e discográfica cos zocos e diversos grupos da movida ye-yé. Ten cursado estudos de jazz e de música clásica e colaborou en diversas formacións deses estilos. Actualmente atópase en diversos proxectos entre eles Telma y los Luises. Isaac Palacín, batería. Formouse como batería e percusionista entre Galiza e La Habana, co mestre cubano Ruy López-Nussa. Aprendizaxe que completou con clases de percusión afrocubana con Emilio del Monte e de percusión tradicional galega con Francisco Estévez. Nos seus inicios musicais formou parte de diversos grupos de rock como La banda del predicador e La nécora Prodigiosa entre outros. A súa primeira incursión no mundo do folk foi con Uxía. Estivo tamén no colectivo Ya'sta la truop, colaborando con artistas como Los toreros muertos, Poyito de California e Rafa Kass. Máis recentes son as colaboracións nos proxectos do pianista cubano Jorge González "Bombero" ou do autor brasileño Fred Martíns. No 1991 comeza a tocar con Matto Congrio, compartindo tempo con algún proxecto anterior. Con este grupo, efectúa a súa primeira gravación discográfica, Matto Congrio (1993). Nesta banda Isaac Palacín comeza a tocar con varios dos que posteriormente serán os seus compañeiros en Berrogüetto. En 1995, trala creación de Berrogüetto comezan xuntos unha traxectoria que os levará a percorrer toda Europa en sucesivas xiras.
www.myspace.com/thelmalosluises
www.facebook.com/pages/TELMA-Y-LOS-LUISES/236379033047
Será o venres 25 de Marzo as 23h30 horas. Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2 para socios.
MAZGANI
E o sábado dende Portugal con escala en Iran, Mazgani é un cantautor, que deu inicio á súa carreira coa edición do álbum Song of the new heart no final de 2007. Un debut aclamado pola crítica especializada, con grandes cancións, de belas melodías e unha poesía que dificilmente se encadran no feito de ser soamente un primeiro disco. Shahryar Mazgani comezou a cantar no 2004, contando Leonard Cohen, Nick Cave e Tom Waits como algúns puntos de referencia da súa voz artística. Alén da poesía e da intensidade dos seus temas, Mazgani conta tamén cunha presenza no escenario digna desas mesmas referencias. A revista de renome Les Inrockuptibles, en Francia, xa deu a súa opinión, Mazgani foi considerado un dos 20 mellores novos artistas musicais da Europa. No final de 2008, o International Songwriting Competition, onde figuran nomes como Tom Waits e Jerry Lee Lewis como xuíces, premiou co terceiro lugar o seu tema Somewhere Beneath This Sky. Concorreran a esta competición 16,000 artistas de todo o mundo. 2009 foi un ano repleto de actividade: o lanzamento do EP Tell the People e a publicación internacional de Ladies and gentleman, introducing Mazgani. Este último lanzamento (que reunía 5 temas do EP e 5 do primeiro disco) foi motivo de varias xiras polo BeNeLux e Escandinavia, incluíndo un showcase no Festival Eurosonic en Xaneiro 2010. En Abril de 2010, Mazgani lanza o seu segundo disco de orixinais Song of Distance. Contando novamente coa producción de Pedro Gonçalves e Hélder Nelson, Mazgani e os seus cómplices recolléronse no campo e entre camiños de cabras e oliveirais, montaron un estudio improvisado nun dos espazos do CENTA (Centro de Novas Tendências Artísticas), tendo gravado 14 cancións en preto de 10 días. A ambición era atopar a paixón e a verdade, a vida de cada canción. O resultado é un disco despoxado e nu, que expón unha voz que canta a solidez dos grandes amores, a falla, a queda e a urxencia. Mazgani actúa en Francia no Festival Europavox 2010 e en Portugal en varios Auditorios e Festivais como o MED Loulé ou Sintra Misty terminando o ano cun concerto no Clube Moby Dick en Madrid. Entre tanto, Song of Distance, foi tamén lanzado no Reino Unido, onde conta cunha edición dixital vía a AWAL (Artists Without a Label), plataforma que axudou a lanzar varios proxectos de renome, incluíndo os Arctic Monkeys.
http://www.myspace.com/mazgani
www.mazgani.com/
www.youtube.com/watch?v=NueeggG-Bcw
http://en.wikipedia.org/wiki/Mazgani
Será o sábado 26 de Marzo as 23h30 horas. Os prezos 8 euros normal, 6 anticipada e 4 para socios.

Sem comentários:
Enviar um comentário