Notícias de Bar Liceum




MARTA QUINTANA

Este venres unha das poucas artistas da Louriña que nunca actuara no Liceum Marta Quintana. Presentanos un proxecto en solitario como cantante, instrumentista (arpa celta), compositora e arranxista. Un disco que leva por título amable. Segue baseándose na música tradicional pero con aires renovados, coa arpa e a voz como elementos primordiais mais tamén arroupada por uns instrumentistas únicos e todo elo engalanado coa presenza do baile tradicional. Ata o de agora foi membro do dúo Sete Saias co que realizou numerosos concertos, sendo o derradeiro desta formación no Festival de Ortigueira de 2007. Marta Quintana formouse con Rodrigo Romaní na Aula de Arpa do Departamento de Música Tradicional e Folk da EMAO de Vigo, onde continúa na Aula de Canto e na de Percusión Tradicional, agora chamada E-Trad. Dirixe a Aula de Música Compás realizando, ademais da dirección e funcións docentes, traballos de investigación no eido da didáctica e da pedagoxía musical dende hai oito anos. É mestra de música da Consellería de Educación da Xunta de Galiza dende 2004, traballando en distintos centros educativos da comunidade galega. Marta Quintana é Diplomada en Graduado Social pola USC e Diplomada en Educación pola USC coa especialidade de música. Estudou no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela. Foi membro do Orfeón Terranosa, do Coro Universitario da USC, e de Camerata ad Libitum, entre outras organizacións corais, coas que participou en moitas gravacións discográficas (mesmo colaborando con Julio Iglesias no disco, Mi vida grandes éxitos,1998 ) e actuando na Galiza, e resto da Península Ibérica. Como Arpista e cantante compartiu escenario con Budiño, Mercedes Peón, tocando para o Xacobeo, Consellería de Educación (MUPEGA), Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Mos, Vilagarcía,Vigo. Neste traballo discográfico foron compañeiros de viaxe Cuchús Pimentel, Xurxo Varela, Suso Feixón, Marcos campos, Marcos Padrón entre outros músicos.
www.myspace.com/martaquintana

Será o venres 25 de Febreiro as 23h30 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

JULIO PEREIRA

E o sabado actuacion de luxo no Liceum Julio Pereira. Compositor, Produtor e Multi-instrumentista que conta xa con 20 discos de autor. Aprende a toca-la mandolina aos 7 anos da man do seu pai. Ata os 20 anos forma parte de varias bandas de rock e grava varios discos con Xarhanga e Petrus Castrus. Entre os 20 e os 30 anos participa en concertos e numerosos discos cos compositores máis importantes de Portugal (cos que descobre a música tradicional do seu país), destacando a súa colaboración con José Afonso con quen colabora regularmente tocando en varios escenarios do mundo, producíndolle os seus últimos dous discos. Por esta época Júlio Pereira grava os seus primeiros discos de autor: Bota-Fora, Fernandinho vai ó vinho, Lisboémia e Mãos de fada. En 1981 lanza o álbum Cavaquinho (instrumento tradicional português), un traballo totalmente instrumental, produto dunha longa investigación, que lle abriu moitas portas á música portuguesa. Gañou con él tódolos premios de música do seu país iniciando así, a súa carreira como instrumentista solista.Ten xiras de concertos polo mundo, produce discos para outros autores e colabora con varios nomes recoñecidos da música entre os cales se atopan: Uxia, Kepa Junkera, Pete Seeger, Mestisay, The Chieftains – cos que grava o CD Santiago que gaña un Grammy Award ao mellor álbum folk de 1997.En 2007 participa no filme Fados de Carlos Saura, colaborando con Carlos do Carmo e Chico Buarque. Grava algúns discos máis - varios deles premiados: Braguesa, Nortada, Cadoi, Os sete instrumentos, Miradouro, Janelas Verdes, O meu Bandolim, Acústico, Lau Eskutara (con Kepa Junkera), Rituais, e Faz-de-conta. En 2008 grava o disco Geografias, que da idea e forma ao seu máis recente espectáculo. En 2010 decide facer un disco de cancións: Graffiti. Invita a Tiago Torres da Silva para face-las letras, Tiago Taron para ilustra-lo universo dos temas e dez cantoras recoñecidas de Portugal e outros países, entre as cales: Dulce Pontes, Maria João, Sara Tavares, Olga Cerpa (España), Nancy Vieira (Cabo-Verde), Luanda Cozetti (Brasil), etc, co cal acaba de gañar un premio de mellor disco do ano.
http://www.juliopereira.pt/

www.myspace.com/juliopereira

Será o sabado 26 de Febreiro as 23h30 horas. Os prezos 12 euros normal e 6 para socios.

Sem comentários:

Enviar um comentário