Quempallou
O grupo de folc Quempallou nace aló por Abril do 1.999, froito en boa medida da coincidencia na Escola de Maxisterio de Pontevedra de dous dos seus integrantes. Deste xeito, pásase a incluí-lo acordeón nun cuarteto tradicional afincado en Bueu, xunto con outros dous compoñentes (David Magdaleno e Guillermo Lamosa), que algo máis tarde habían ser reemprazados por outros dous compañeiros, ao bombo e buzuki. A partires de aí xurde un tremendo entusiasmo pola nova formación, que os leva a traballar arreo con moita ilusión compoñendo, arranxando e recollendo os temas do seu repertorio. Guillermo Lamosa reincorpórase no 2001 ao grupo coa guitarra acústica e xa no 2002 entra o gaiteiro coruñés Xulio Coira en substitución do buenense Mui Novas.
Logo de grava-la súa primeira maqueta no Outono do 2000 en Vigo, resultan escollidos como finalistas para o II Concurso de Grupos Folc Noveis Radio Obradoiro que se celebrou no Auditorio de Galicia en Xaneiro do 2001, contando cun prestixioso xurado que lle deu a Quempallou a indiscutible victoria. Gracias a ela, gravan nos estudios Phonos da Estrada o seu primeiro disco, que logo de ser remasterizado nos estudios Desphase Sound de Ourense, foi editado en Maio do 2002 por Zouma records.
Amais do mencionado premio, participan tamén como finalistas no II Concursu de Música Folk Cuartu los Val.l.es celebrado en Tinéu (Asturies) en Xullo do 2001; e, competindo contra grupos de todo o estado español así coma portugueses, acadan o 2º premio en empate co vencedor. Ese mesmo ano, percorren Portugal dende o Norte ata o mesmísimo Algarve pasando por cidades coma Setúbal, Loulé, etc. (I Xuntança de Gaiteiros de Pinhal Novo; II Festival de Música Tradicional de Macedo de Cavaleiros...).
Estes feitos fan que vaia medrando a súa sona, e son reclamados para tocar en importantes festivais tanto a nivel galego (2ª e 3ª Festa Folc de Vilariño -O Hío-; 23º Festival de Pardiñas, 6ª Foliada de Lalín...) coma en Asturies, País Llionés ou Castilla la Mancha (6º Festival Intercélticu d’Avilés; Festivais folk de Vil.l.ablino ou Sigüenza).
Alén diso, o seu primeiro disco acada unha consiberábel repercusión nos medios de comunicación galegos, así coma emisoras especializadas a nivel estatal e incluso internacional, coma a emisora de Músicas do Mundo W.R.A.S. de Atlanta (EE.UU.), quen lle outorgou ao tema Moreniña o número un na súa lista de emisión durante dúas semanas consecutivas en Novembro do 2002.
No verán do 2004, Quempallou presentou o seu segundo traballo discográfico, “Estremonías”. Un disco gravado e argallado con moita máis calma, no que destacan as composicións propias baseadas en estructuras tradicionais; algunha que outra saída do seu estilo base; e sobre todo unhas letras que falan das cousas do mundo no que nos tocou vivir, que convidan a face-la festa sen nos esquecer do bo e máis do malo de tódolos días visto dende a perspectiva do propio grupo. Con el recorreron de novo Galiza de Norte a Sul e de Leste a Oeste cun importante éxito, destacando festivais da envergadura dos de Pardiñas ou o mesmísimo de Ortigueira, festival éste que pecharon actuando mesmo despois do mítico grupo irlandés The Chieftains. Por outra banda, un corte deste disco, “Xan”, foi escollido mellor tema galego do ano 2004 nun inquérito realizado polo semanario A Nosa Terra entre representantes deste sector.
No 2007, Quempallou confirma a estabilidade da súa traxectoria co seu terceiro traballo. Leva un nome ben axeitado, “Polo aire”, pois é así como están estes sete músicos en cada un dos seus concertos, cargados de alegría e paixón, e como queren que estea tamén o público que os segue. Ademais, este título quere facer referencia á radio, xa que serve esta como fío condutor do disco en si, tanto no deseño coma en parte do contido. Nótase nel unha importante madurez musical, tomando as cordas grande importancia como base; e as composicións propias, sen perder a base tradicional nin a importancia da palabra, pasan a ser a tónica dominante.
Os puntos fundamentais da súa música son o traballar sobre os ritmos tradicionais galegos tentando conserva-la súa frescura orixinal, e ante todo buscando un estilo moi bailábel para goce tanto dos propios músicos coma do público, sexa da idade que sexa. Deste xeito, Quempallou pódese gabar de facer dos seus concertos unha festa rachada, entre pasodobres, rumbas, muiñeiras, polcas..., para diversión de tódolos presentes.
E é que son un perigo estes rapaces cos instrumentos ó lombo, e moito máis enriba dun escenario. Animádevos e gozade do folk galego con Quempallou, unha festa en cada concerto. A beillaaaaar!!!!
Compoñentes:
Roi Maceda: Acordeón.
Guillerme Ignacio: Gaitas, frautas, voz.
Xulio Coira: Gaitas, clarinete.
Isaac Millán: buzuki, guitarra acústica.
Roi Adrio: Tamboril, caixa, percusións.
Xosé Maceda: Bombo, percusións.
Alfonso Agulla “Eski”: Técnico de Son

Sem comentários:
Enviar um comentário