Mais Notícias de Bar Liceum


BIODRAMINA MOOD

E o sábado Biodramina Mood marimba, tuba, guitarra hawaiana, chelo e batería. Tan peculiar instrumentación fará que te mergulles en ambientes con aromas cinematográficos, humor, melancolía, ritmo, estrañeza... Un vaivén de sensacións que ben merecen o apelativo de biodramina mood. Lounge experimental de última xeración. A banda formouse en Madrid a finais do 2008 e en pouco tempo leva percorrido os escenarios máis prestixiosos dos clubs madrileños, actuou en programas de radio nacional, entrou na Red de Teatros de la Comunidad de Madrid para actuar nos principais auditorios da rexión e editou o seu primeiro disco Centrifugado Magnético. Trátase dunha colección de temas de corte lounge escritos e arranxados polo seu guitarrista Antonio Fernández. O disco tamén inclúe unha versión do clásico de A-ha Take on me. Ata o de agora nunca se tiña visto unha formación como esta. Utilizando instrumentos cun rexistro tan amplo, cada músico pode face-la función de baixo, acompañamento ou voz principal, deste xeito as posibilidades tímbricas multiplícanse e aparecen texturas e paisaxes sonoros inauditos nunha banda de música moderna. O grupo está composto por músicos de moi diferentes formacións e estilos que van dende a música clásica ata a electrónica, pasando polo rock, o blues, o jazz, música de cine, new wave. Esta mestura de experiencias vese reflectida na música e enriquece os arranxos creando un estilo propio e orixinal.


Será o sábado 30 as 23h30 horas. Os prezos 7 euros normal, 6 anticipada e 3,5 para socios.

Sem comentários:

Enviar um comentário