Notícias de Bar Liceum



YONI MEDIOGRAMO

Este venres e por primeira vez na nosa sala un espectáculo PolitoxiCómico de Humor Salvaxe escrito e interpretado por Juanillo Esteban (A Coruña). Yoni Mediogramo é un bufón urbano que pon en escena un monólogo delirante baseado nas súas tráxicas experiencias no mundo das drogas. É un macarrilla enxeñoso e bravucón que se cre o rei cando en realidade é un pringao. Ten varias carreiras na Universidade de La Calle conseguidas a base de moito esforzo e poucos escrúpulos. Toda unha odisea polos sumidoiros do mundo civilizado que provoca repulsión e gargalladas a partes iguais. Con todo isto o que se busca é lanzar unha crítica corrosiva contra o mitificado mundo das drogas. Un espectáculo para persoas adultas e intelixentes. Cómpre que coñezas a Yoni antes de que doe o seu corpo á ciencia ficción. www.mediogramo.blogspot.com. Será o venres 23 de Abril as 23 horas. Os prezos 6 euros normal e 3 para socios.

PROXIMAS ACTUACIONS
A TUNA RASTAFARI VERBENA SON 30-4-10
PRESSING BRAS MOS BANDA NEW ORLEANS 1-5-10

E en Maio e Xuño tamén estarán con nos entre outros Estado de Sitio, Araceli Saavedra, The Cookin Soul, Jota Mayuscula y Supernafamacho, Stereotipos, Víctor Coyote, Donicelas, Carlos Santiago, Alo Django, Mariel Martinez e remataremos con dous días con Carlos Blanco acompañado do Sergio Tannus trio.

Sem comentários:

Enviar um comentário