Notícias de Bar Liceum

ACTUACION OS CARUNCHOS

O proximo venres por fin voltan OS Carunchos Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país. Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, requinta, oboe e acordeón diatónico, xunto con vellas e novas cantigas compostas polo propio grupo fan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión, sendo a conexión co público unha das características que nos definen. Por outra banda, temos tamén un claro compromiso co noso idioma, empregando a lingua galega, e como non, a portuguesa, nos nosos temas. Algunhas das actuacións máis importantes ó longo destes anos foron: Festival de Pardiñas (Guitiriz), Festival Herba e Son (Liméns Cangas do Morrazo), Homenaxe ó Gaiteiro (Vigo), Festa da Reconquista (Vigo), Festa do Muíño (Coiro - Cangas), Festas de San Froilán (Lugo), Festigal (Compostela), Festival de Cerceda, Festival de Leiloio, Festival da Poesía de Salvaterra, Festival da Lúa Meiga (O Viso Redondela), Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Ordino (Andorra), Encontros de Música Tradicional de Viseu (Portugal), Memorial Ricardo Portela Programa Alalá da TVG Festival Étnico de O Fundao (Portugal) Os traballos editados polos Carunchos son: Ala, que vai! (1998), Sen tempo non era ( 2001), Montealegre (2004), En galego (2009) Os Carunchos son: Luis Correa Piñeiro, Pilar Gonçalves Barreras, Pablo Rial Salgueiro, Guillermo Rivas Fervenza, Isaac Teniente Molinos, Alberto Costas Comesaña www.oscarunchos.blogspot.com. ww.ghastaspista.com/carunchos.php. Sera o venres 20 de Novembro as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

Sem comentários:

Enviar um comentário