Notícias de Bar Liceum

Benquerid@s amig@s:

Eiqui estamos unha nova temporada mais para cumprir coa obriga semanal de informarvos das nosas actividades. Comezamos cunha das nosas propostas favoritas deste ano GRAHAM FOSTER. No ano 1972 iniciou a súa carreira como baixista co trío do aclamado pianista londinense Brian Morris, o cal durou dous anos (con máis de 500 actuacións). Logo decidiu adicarse ao seu propio trío de blues/rock The Roadsters (máis tarde Blitz) con quen, debido ás súas actuacións de éxito, se deu a coñecer en Londres e arrededores.A raíz disto no verán de 1977, despois de ser "descuberto" por Elton John actuando en The Marquee Club tivo o primeiro éxito coa súa propia balada Count me out do LP On the line. O seu grupo, entón chamado The Foster Brothers, incluía ao seu irmán Malcolm (baixista de The Pretenders e Simple Minds) e Robbie McIntosh (guitarrista de Paul McCartney e Norah Jones). O disco foi producido por Mike Vernon, coñecido polas súas colaboracións con John Mayall, Eric Clapton, Fleetwood Mac e Freddie King, entre outros.O ano seguinte formou parte de Network, un grupo de rock clásico. Os seus compañeiros nesta banda foron Gary Pickford-Hopkins (vocalista de Rick Wakeman), John Gosling (teclista de The Kinks), Andy Pyle (baixista de Gary Moore) e Ron Berg (batería de Savoy Brown). Con eles gravou o LP Look to the sun en 1979.Por aquel entón, xa coñecido no mundo do estudio, participou en gravacións e actuacións de diversos estilos: desde o alegre rockabilly de Rocky Sharpe and the Replays (Shout, shout, knock yourself out, C'mon let's go) ata o jazz fusión melódico de Marshall Hain (o seu single Dancing in the City foi Nº 1 en 14 países no 1979); e desde o soul moderno da nova cantante Alison Moyet ata o acid-rock polémico do veterano Country Joe McDonald (o seu I-feel-like-I'm-fixin'-to-die Rag foi o punto culminante do festival de Woodstock 1969).A súa mellor lembranza, sen embargo, é a de Etta James, a lenda do soul, con quen viaxou de xira por Europa en 1983, traxecto que culminou no prestixioso Jazzfest de Berlín onde compartiron programa con Miles Davis e a súa banda.Nesta época decidiu voltar ás súas raíces, ao famoso circuito Pub-rock de Londres e durante varios anos compaxinou o seu traballo de músico de estudio coas actuacións do seu novo grupo Little Sister, editando no 1986 o seu LP dobre Showdown . No transcurso dos anos pasaron polo seu grupo músicos do talento de Mark Feltham (harmónica de Oasis e Rory Gallagher), Gerry Conway (batería de The Everly Brothers e Cat Stevens), Les Binks (batería de Judas Priest), Rupert Black (teclista de The Pretenders y Talk Talk) y Andy Wells (batería de Meatloaf).Logo desfrutou de actuacións en solitario, acompañado unicamente pola súa guitarra acústica, e así foi visto por primeira vez en España.A comezos dos 90 encabezou o trío The Major Blues Band acompañado polo baixista Steve Emery e o batería Geoff Britton, quen colaboraran, entre outros, con Paul McCartney, Stretch e Manfred Mann. O trío visitou asiduamente España, e no 1992 gravan o seu LP Solid na cidade estremeña de Mérida.A raíz disto decidiu pasar tempadas máis longas en España e no 1994 formou Graham Foster's Night Train, acompañado por tres mozos músicos valencianos. O ano seguinte gravou o seu LP Blue Rhythm en Valencia e realizou unha longa xira promocional por toda España.No outono do 1998 vémolo de novo en Valencia, acompañado por Night Train e o teclista Luís Prado (M-Clan), para gravar o seu seguinte LP The Bassman Tapes, estreando novo disco e nova formación The Graham Foster Group na primavera de 1999. O grupo, un trío por aquel entón, conta co seu vello amigo, o baixista Steve Emery (The Major Blues Band) e o batería Damián García, e o seu primeiro traballo, o CD dobre Live in Overdrive, foi gravado en directo en Galicia ao ano seguinte. Un recopilatorio de 17 cancións, The Best of Graham Foster viu a luz no 2006.Desde a súa chegada a España Graham tivo o gusto de tocar con artistas do talento de, entre outros, M-Clan, Mick Taylor (guitarrista de The Rolling Stones), The Vargas Blues Band, Hook Herrera e Kiko Veneno, e ten participado en numerosas gravacións por toda a peninsula.Actualmente temos a oportunidade de velo en directo coa súa formación The Graham Foster Trío, acompañado polo baixista José Terol e o batería Damián García.www.grahamfoster.net www.myspace.com/grahamfostertrioSera o sabado 18 de Outubro as 23 horas. Os prezos 6 euros normal e 3 para socios. Por error no mail que vos enviei con toda a programacion de outono figura a actuacion de Rober Bodegas o venres 12 de Outubro cando e o sabado 12 de Decembro. Disculpade.

Unha aperta moi grande.
Paco Quintas
Contactos: Paco Quintas: 986-330022Bar 670-016754 Telemóbel

Sem comentários:

Enviar um comentário