Notícias de Bar Liceum

Este venres imos rematar con esta programacion co artista que por costume sempre enche a nosa sala e deixa sen a oportunidade de miralo a moitisimas persoas. Volta Carlos Blanco, o Bar Liceum ten a honra de ofrecer un novo espectáculo monologuístico deste ilustre e polifacético vilagarcián. Con máis de vintecinco anos de experiencia profesional en Teatro, Cine, Televisión e Radio, traballou recentemente como protagonista na película para televisión “Una bala para el Rey” (Globomedia) que foi emitida en Antena 3 e levantou moita expectación. Nos últimos anos ven desenvolvendo unha actividade continuada como Narrador Oral tanto na Galiza como en toda España ( Madrid, Barcelona, Zamora, Salamanca ou Avila ), asi como en Polonia, Holanda, Alemaña ou Portugal. Na actualidade ten en cartel o espectáculo “Humor Neghro” na compaña do músico guineano Manecas Costa. Unen os seus talentos nun espectáculo de humor e música onde la negritude e o humor danse a man. Pouco se pode engadir dun artista como Carlos Blanco máis que foi quen de traballar con directores do prestixio de Pedro Almodóvar, Gerardo Herrero ou o propio Antón Reixa, e que compartiu escenario e plató con actores e actrices de prestixio mundial. .Sera o venres 26 de Xuño as 23 horas. Os prezos 8 euros normal e 4 para socios.

Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com , da paxina de Clubtura (asociacion de locais de musica ao vivo) http://www.clubtura.org

Como sempre recordarvos a nosa campaña de socios, ser socio do Liceum costa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na vosa casa de todas as nosas actividades,... e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Facendote socio colaboras da mellor forma posibel co noso proxecto cultural

Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persona en habitacion individual ou por 30 persona en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.

Unha aperta moi grande voltamos a programar en Outubro felices vacacions.

Paco Quintas

Contactos:
Paco Quintas: 986-330022 Bar 670-016754 Telemóbel
E-mail: oquequeiras@barliceum.com

Paxina web: http://www.barliceum.com

Sem comentários:

Enviar um comentário