Notícias de Bar Liceum

Este venres comezamos nova programacion cunha das nosas propostas favoritas deste ano Alò Django da man de musicos como Quin Fariña de Berroguetto e coa produtora responsable do resurdimento do circo na Galiza Pistacatro imos ter un concerto divertido, elegante e desenfadado onde se bromea co público ao máis puro estilo cabaré. Este grupo de músicos, partindo musicalmente do jazz, do claqué e do swing acústico, especialmente do gypsy swing (cuxo máximo representante é Django Reinhardt), ofrece un concerto cun amplo abano de xéneros musicais traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico apto para tocar tanto en sala como na rúa; un concerto para un público de todas as idades. Ademais Aló Django pretende ser un obradoiro musical de músicos, cómicos, clowns e bailaríns para o cal en moitas ocasións invitan a outros artistas destas disciplinas a participar con eles nos concertos para ofrecer un show completo e divertido máis alá do estritamente musical, enfiando así con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall. Sera o venres 8 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com , da paxina de Clubtura (asociacion de locais de musica ao vivo) http://www.clubtura.org ou da sua www.myspace.com/alodjangoswingband.

Como sempre recordarvos a nosa campaña de socios, ser socio do Liceum costa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na vosa casa de todas as nosas actividades,... e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Facendote socio colaboras da mellor forma posibel co noso proxecto cultural

Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persona en habitacion individual ou por 30 persona en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.

Unha aperta moi grande.
Paco Quintas
Contactos:
Paco Quintas: 986-330022 Bar 670-016754 Telemóbel
E-mail: oquequeiras@barliceum.com
Paxina web: http://www.barliceum.com

Paxina web Clubtura (asociacion de locais de musica de Galiza): http://www.clubtura.org

Sem comentários:

Enviar um comentário