Notícias de Bar Liceum

Este venres e despois dun pequeno descanso vacacional voltan a nosa sala The Homens reforzados cun novo integrante nado nesta vila do Porriño canteira inagotabel de musicos, The Homens Desenvolveron o seu talento creativo entre a humidade das paredes da Casa Xurásica de Santiago de Compostela, retroalimentándose doutra flora autóctona como Samesugas, Fame Neghra ou Redullos. Eles fanse chamar The Homens... e son unha banda de power pop. Maman do post-core de Hüsker Dü ou Fugazi, e decláranse namorados dos grupos da nova onda británica de finais dos setenta. Veñen armados de guitarras ruidosas pero tamén de sensibilidade melódica. Amárranse a un repertorio positivo i enérxico nos seus directos.O seu primeiro EP (The Homens, 2005), cheo de retrousos de intensidade bailábel. Despois de percorrer escenarios, na primavera de 2006 sacan á rúa o seu segundo EP, con máis pop, máis intenso e no que ás súas influencias súmanse con máis forza ás de Teenage Fanclub, Barracudas, Pixies, Shins e outros grupos de post punk.A partir de aí, curtíronse nos escenarios con bandas de igual denominación de orixe (festeira e festivaleira) e, en moitas ocasións, lideradas por eles mesmos. Estamos a falar de Fame Neghra, Stay Pretty ou Street Fighter, formacións coas que percorreron salas de/e festas de toda Galiza.The Homens marcharon aos estudios Ultramarinos Costa Brava por onde xa pasaran outros grupos da escena alternativa catalá... O resultado foi Tres. O seu videoclip Calamar, xa foi finalista do Musiclip, un certame de vídeos musicais catalán que premia ás iniciativas máis orixinais no eido audiovisual, e gañador do concurso de vídeoclips do Festival de Cans (Pontevedra). Sera o venres 17 de Abril as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com , da paxina de Clubtura (asociacion de locais de musica ao vivo) http://www.clubtura.org ou da sua www.thehomens.com, www.galiciaaraias.com, http://thehomens.wordpress.com

Antes de despedirme quixera recordarvos que co novo ano comenza unha nova campaña de socios, ser socio do Liceum costa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na sua casa de todas as nosas actividades,... e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Facendote socio colaboras da mellor forma posibel co noso proxecto cultural.

Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persona en habitacion individual ou por 30 persona en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.

Unha aperta moi grande.
Paco Quintas

Contactos:
Paco Quintas: 986-330022 Bar 670-016754 Telemóbel
E-mail:

Paxina web:

Sem comentários:

Enviar um comentário