Notícias de Bar Liceum

Aqui estamos un ano mais para presentarvos unha nova programacion que comeza o venres 23 de Xaneiro e remata o venres 30 de Febreiro.

Comezamos con musica da casa (grupos do Porriño). O primeiro Baldosa Amarilla . Dende a súa fundación a banda esta constituída por Frus (Voz), Jose Núñez (Guitarra), Iago Bastos (Guitarra), Gatsby (Guitarra e Coros), Alex Crende (Baixo e Coros) e Moses (Batería). A sua primeira actuacion foi no festival universitario Leonardo Da Vinci no ano 2006, a continuacion percorren varios festivais e pechan o ano cunha manchea de versións e cancións propias con boa aceptación entre o público. Ao longo do 2007 sucédense os festivais, empezando a definir un son propio, levando ata os nosos oídos un Pop Rock Alternativo con letras en castelán. Ese ano remata coa súa primeira maqueta en JBEstudio '79 chamada "Palabra Exacta". Esta gravación está chea de boas ideas e unha produción nula. Aínda así acada as 30000 visitas de MySpace nun só ano de vida.Nos comezos do 2008 gravan o seu primeiro videoclip "Laberinto", producido por Cucoclock Creaciones, que foi presentado en numerosos festivais tales como o Festival de Cans ou o Brincadeira 08. Durante este ano, acomódanse na escena local con concertos espallados por todo o país e norte de Portugal, participando no concurso 100 Pipers Music, do cal saen finalistas. Este ano culmina cunha nominación a "Mellor maqueta" de 2008 nos premios Maketón Estrella Galicia. Neste concerto presentan o seu novo traballo, un EP autoproducido e gravado en Océano Estudios, que leva por nome “Alquimia”. Neste EP demóstrase a evolución dun conxunto que segue a madurar, tentando abrirse a un meirande público. www.myspace.com/baldosamarilla, http://www.baldosaamarilla.com/.Sera o venres 23 as 23 horas. Os prezos 3 euros normal, 2 anticipada e 1,5 para socios

Na semana seguinte outro grupo do Porriño, Estado de Sitio a principios dun verán do 2005 catro amigos deciden quedar para tentar facer algo que se asemelle ao rock nun local de ensaio de excepción: o centro cultural “A Lagoa” de Orbenlle, así nace Estado de Sitio. Logo da incorporación dun quinto compoñente, en xuño de 2006 o grupo dá a súa primeira actuación na Sala Seven de Redondela, na que se dan a coñecer ao público cunha boa aceptación. A este primeiro concerto seguiranlle algúns concertos máis durante o verán en varios lugares do sur da provincia como Mos ou Santa María de Oia, O Porriño ou Redondela no festival Arrastro rock. En outono ve a luz a primeira maqueta. Un dos temas de Estado de Sitio, Mi Mente, soa no Maketón Estrella Galicia e, a partires de xuño, sucédense os concertos pola provincia en diversos festivais: 1º Festival Alternativo Millo Verde, XI Rocha Rock, Festa da Prehistoria, …No 2008 loitan por darse a coñecer en todo o país, participando en varios festivais e amosando o seu directo en varias salas da comarca de Vigo. Veñen ao Liceum a presentar a súa nova maqueta. www.myspace.com/estadorock http://www.estadodesitiorock.blogspot.com/
Sera o venres 30 as 23 horas. Os prezos 3 euros normal, 2 anticipada e 1,5 para socios.

A semana seguinte, e por primeira vez no Porriño A Banda Potemkin Esta nova banda, que nace evocando ao mítico filme realizado por Einsestein, móntase nuns asteleiros da Grela, na Coruña. Un novo proxecto musical, que bota a andar con forma de barco todoterreo, con cualidades únicas como as de xogar cos precipitados ritmos balcánicos e afro caribeños entre outros, e a exporse ás fortes treboadas provocadas por bruscos cambios de tempo ou impredecibles inclemencias musicáis. A todo isto témoslle que engadir a grande capacidade para navegar dos tripulantes, bregados en centos de marés e valentes expedicións da música galega dos últimos anos, así estes piratas do ritmo xa vogaron cos Papaqueixos, 3 Trebóns, Banda Melgacha, Meninhos da rúa, Dandy Fever, Tiruleque, Pablo Bicho, A Turma Angolo-galega, Matraca Perversa...Un universo sonoro determinado por seis maneiras diferentes de entende-la música, que se enriquecen e complementan. Un espazo no cal as experiencias anteriores se cruzan e xuntan confundindo os estilos, o lugar onde os arranxos fan que as ideas perdan a sùa forma orixinal, e se volven potemkianas...www.myspace.com/bandapotemkin. Sera o venres 6 de Febreiro as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

A semana seguinte unha actuacion de autentico luxo na nosa sala 2 grandes musicos do jazz e do flamenco. Había xa moitos anos que Tito Alcedo e Nono García (esencia e substancia da mestizaxe musical de Barbate (Cádiz)) interromperon a súa andaina artística xuntos. Por iso a volta aos escenarios destes dous monstros da música é un grande acontecemento. Amais da súa recoñecida traxectoria como compositores, recollen as influencias da música brasileira e o blues pola parte de Nono e a música xitana do grande Django Reinhard a cargo de Tito.Nono García (1959) recibiu con 15 anos o Primeiro Premio do Festival da canción de Andalucía. En Granada iniciouse profesionalmente e con Carlos Cano realiza a súa primeira xira. En Madrid xa actuaba con Tito nos clubes de jazz co que tamén realiza xiras europeas. En 1988 únese ao grupo belga Vaya con Dios co que fai xiras por todo o mundo. Tamén en Bélxica únenselle o guitarrista Antonio Toledo e o pianista Chano Domínguez, o cal participa na gravación do seu primeiro traballo “Las Quimeras del Momento” (1992). Volta a Madrid no ano 1996, onde imparte clases e actúa con Martirio, Clara Montes, Carmen Paris, Gema e Pavel, Javier Ruibal,…. No 2001 sae o seu segundo álbum, “Atún y Chocolate”, de onde sairá a Banda Sonora da película do mesmo título de Pablo Carbonell. No 2002 recibe o Premio Nacional da Crítica de Flamenco, os Premios “Flamenco Hoy”. “Al filo de la medianoche” (2008), conta con artistas da talla de Tom Jobin ou Vinicius de Moraes, Javier Krahe…. É un guitarrista versátil, con bo gusto e talento nas súas composicións e a súa clara inspiración flamenca. Tito Alcedo (1958), guitarrista de formación autodidacta, influido decisivamente por Django Reinhardt, o xenial xitano franco-belga que asombrou no mundo do jazz dos anos trinta.. Tito interviu en cinco programas de “Jazz entre amigos”, programa da tve dos 80 de tve, onde lle foi outorgado o Premio ao Mellor Solista, xunto a Carles Benavent e Jorge Pardo. Ten xirado por Europa, en distintas formacións con músicos como Nono García ou o grupo francés “Rumeur Iberique”. En 1989 saiu o seu primeiro LP, “Memorias” compartindo protagonismo co pianista gaditano Chano Domínguez. Leva compartido escenario con músicos da talla de Larry Coryell, Joan Bibiloni, Rafael Faÿs, Birelli Lagrene, Javier Ruibal, Tomatito, Raimundo Amador, Luís Salinas, etc. e gravou con algún máis como El Barrio, Kiko Veneno, Marina Heredia, Pastora Soler, Pablo Carbonell,… Ten estado de promoción por todo o mundo. Participou na gravación da banda sonora de varias películas: “La gran vida”, “Sin vergüenza” “Cruasán” e “La mala educación” de Pedro Almodóvar. No 2001, saiu ao mercado o seu traballo “Agüita Salá” www.myspace.com/nonogarcia http://www.nonogarcia.com/ www.myspace.com/titoalcedo Sera o venres 13 de Febreiro as 23 horas. Os prezos 8 euros normal, 6 anticipada e 4 para socios.

E xa para rematar con esta programacion despois dun pequeno descanso no que tamen contamos convosco para celebrar o mellor entroido do Porriño e arredores, teremos connosco a un dos grupos galegos con mais proxeccion fora de Galiza nestes momentos The Blows presentando o fantástico “Upskirts”, ese disco que tantos días e noites nos acompaña e obriga a bailar. "Upskirts" foi destacado pola prensa musical como un dos debuts máis prometedores do ano 2008, soa nas radios universitarias americanas de costa a costa e é banda sonora na exitosa serie "Cuestión de Sexo" emitida en Cuatro. The Blows presentaron xa "Upskirts" en diversas cidades da península en clubes e festivais como BBK Bilbao Live, Paredes de Coura, Tremendo Pop ou Festival do Norte. E agora continúa esta xira, abrindo e pechando festivais cun único obxectivo: gozar e facer gozar. The Blows demostran noite tras noite que os seus directos son pura enerxía e baile. E ademais, SIN CITY LIES xa ten o seu merecido videoclip. Date unha volta pola cidade do pecado!!! www.myspace.com/theblows .Sera o venres 27 de Febreiro as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

Antes de despedirme quixera recordarvos que co novo ano comenza unha nova campaña de socios, ser socio do Liceum costa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na sua casa de todas as nosas actividades e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Como din os nosos maestros da Nasa de Santiago: "Se cres que deben existir modelos alternativos de xestion e difusion cultural. Se apoias a creacion de outras formulas de canalizacion artistica lonxe da via comercial e institucional, ou se buscas un contacto directo coa arte e un compromiso como espectador..." aproveita esta oportunidade, ¡faite soci@ do Liceum! En resumo en Santiago faite tripulante da Nasa e no Porriño socio do Liceum.

Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persona en habitacion individual ou por 30 persona en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.
Decirvos que o resto da semana o Liceum aspira a ser o voso lugar de encontro e temos actividades diversas como clases de Bailes de Salon os xoves ou clases de danza do ventre os luns.
Unha aperta moi grande.Paco QuintasContactos:
Paco Quintas: 986-330022 Bar 570-016754 Telemóbel
E-mail: oquequeiras@barliceum.com
Paxina web: http://www.barliceum.com/
Paxina web Clubtura (asociacion de locais de musica de Galiza): http://www.clubtura.org/

Sem comentários:

Enviar um comentário